XANTAR E EXPOSICIÓN DE TRABALLOS
Logo de expoñer o noso traballo de primeiros e quedarnos tan ben feitiño ( e non decimos mentira ningunha xa que gustou moito) e tamén de ter pasados os nervios escénicos incluindo os das profes, tocou sentarnos para poder escoitar a unha parte dos outros coles.Cando chegou a hora do xantar fomos ata unha carpa onde estaban os nosos traballos expostos e alí miramos tanto os nosos como os dos demais participantes. Tamén nos deron bocatas, bebidas e froita.
1 comentario:
Ola Fina son Nieves... xa vexo que estes días lle deche con ansia. Gustanme moito as presentacións. Sigue para diante. Saúdos
Publicar un comentario