miércoles, 4 de junio de 2008

TEMPO DE XOGOS NO PARQUE


Tamén tivemos ocasión de pasar un rato no parque. Houbo sorte e ,a pesar de que o día estivo gris e chovendo en moitos momentos, logo de xantar puidemos ir unha horiña ata o parque que estaba ó lado da carpa.Pasámolo moi ben e case nos facía falta xa que cando tocou atender a outros coles portámonos bastante ben.

Podo asegurar que se o vindeiro ano nos volven a convocar pensamos repetir a experiencia. Viñemos moi enriquecidos con esta nova experiencia.


1 comentario:

mateo dijo...

Gustoume moito o parque de Sada.O mellor para mín foi o tobogán sen rampa.Para baixar había que agarrarnos nas barandillas.