Ola a todos e todas!.
Quero agradecer de corazón os desexos de melloría e os ánimos que recibín dende incluso antes de que me operaran.Este agradecemento vai para a miña familia, amig@s, compañeir@s e para ese grupo de nenos e nenas de 2º de primaria que xa me tarda velos. Digo esto último xa que son os que máis tempo fai que non vexo.
Tárdame moito voltar á normalidade pero ben sei que xa queda pouquiño. Queda claro que estou moi ben coidada e que eu estou portándome de maravilla para que a recuperación sexa rápida e efectiva. Moitas grazas polo libriño dos meus alumn@s e polas mostras de cariño de tod@s vos.
UN BIQUIÑO e vémonos axiña!!!!!!!
3 comentarios:
Veña Fina, moito ánimo, que xa verás que logo te volves a atopar entre nós. Unha aperta do teu compa Paco.
Sei que algún de vós quixestes facer algún comentario e non o conseguistes, por iso fago eu este para comprobar se hai algún fallo. De tódolos xeitos darvos as grazas e decirvos que en moi pouquiño tempo xa nos vemos polo cole. Un biquiño.
Eu tamén espero que todo vaia ben e que siga indo sempre. Gústame sentir que estamos preto e tamén vou vendo o que "se coce" por aí, coma sempre de seguro moi saboroso. Bquiños . Cristina Sanmartín
Publicar un comentario