domingo, 16 de noviembre de 2008
OLA, DE NOVO!!!!!
Coido que xa ía sendo hora de que actualizase este blog.A verdade é que tiña ganas de contar novas pero ás veces non hai o tempo suficiente.
Dende o día 4 deste mes xa volto a ser case eu, e digo case porque aínda estou recuperándome pero a cousa vai ben que é o que importa.
Pois dende ese día fixemos moitas cousas na clase pero o máis salientable foi a celebración do magosto que foi o venres 7. Ese día baixamos ó patio e o primeiro foi ir ata a cafetería a que algunhas nais, moi amablemente, nos repartiran as castañas asadas, zumes e augas. Por suposto que nós xa levabamos o noso cucurucho preparado para tal evento. Logo de degustalas tranquilamente no patio e aproveitando que facía unha mañá relativamente soleada fixemos uns xogos populares organizados polo mestre de E.F.,Pablo.Algún destes xogos: Zancos, paracaídas, brilé, can e gato, tiro da corda que compartimos co resto de cursos de primaria. Estivo todo perfecto ata que comezou a chover un pouquiño pero xa estabamos rematando.
A verdade é que o pasamos xenial.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario