lunes, 16 de septiembre de 2019

BENVIDA

Comeza un novo curso que será o remate dunha etapa para este grupo de nenas e nenos que forman o curso de 6º B. Serán uns meses cheos de experiencias e de momentos que quedarán na memoria de todos e todas nós. Trataremos de disfrutar, aprender, experimentar, compartir, rir, chorar cando toque, emocionarnos...en definitiva: VIVIR .

Aproveito para despedirme dun alumno que compartiu con nós este curso pasado e conmigo algún curso máis...moita sorte Gabriel na túa nova andaina. Un biquiño de todos nós.
Igualmente dámoslle a benvida a un novo compañeiro...Hugo.

Sei que vai ser un ano moi especial para todos nós. E tamén sei que imos dar todo o millor que temos para que este percorrido sexa inesquecible. 
Somos capaces equipo!!!

No hay comentarios: