martes, 3 de diciembre de 2019
VIAXAMOS A PORTUGAL
Imos facer unha viaxe dende a nosa aula ata Portugal e queremos averiguar moitas cousas do noso país veciño.
Nesta páxina temos información xeral de Portugal
https://es.wikipedia.org/wiki/Portugal
Unha moi doce receita que xa puidemos degustar na clase
Escoitamos unha panxoliña interpretada por nenos e nenas portugueses
viernes, 25 de octubre de 2019
miércoles, 23 de octubre de 2019
domingo, 20 de octubre de 2019
lunes, 16 de septiembre de 2019
BENVIDA
Comeza un novo curso que será o remate dunha etapa para este grupo de nenas e nenos que forman o curso de 6º B. Serán uns meses cheos de experiencias e de momentos que quedarán na memoria de todos e todas nós. Trataremos de disfrutar, aprender, experimentar, compartir, rir, chorar cando toque, emocionarnos...en definitiva: VIVIR .
Aproveito para despedirme dun alumno que compartiu con nós este curso pasado e conmigo algún curso máis...moita sorte Gabriel na túa nova andaina. Un biquiño de todos nós.
Igualmente dámoslle a benvida a un novo compañeiro...Hugo.
Sei que vai ser un ano moi especial para todos nós. E tamén sei que imos dar todo o millor que temos para que este percorrido sexa inesquecible.
Somos capaces equipo!!!
Aproveito para despedirme dun alumno que compartiu con nós este curso pasado e conmigo algún curso máis...moita sorte Gabriel na túa nova andaina. Un biquiño de todos nós.
Igualmente dámoslle a benvida a un novo compañeiro...Hugo.
Sei que vai ser un ano moi especial para todos nós. E tamén sei que imos dar todo o millor que temos para que este percorrido sexa inesquecible.
Somos capaces equipo!!!
lunes, 3 de junio de 2019
martes, 28 de mayo de 2019
jueves, 23 de mayo de 2019
jueves, 9 de mayo de 2019
lunes, 6 de mayo de 2019
IMOS DARLLE VIDA AO NOSO HORTO
Agradecementos ao profe Borja por involucrarse nesta actividade que tanto nos gusta. Plantar no horto do cole tanto sementes como plantiñas. Mirade como foi a volta ao noso horto!!
jueves, 25 de abril de 2019
miércoles, 13 de marzo de 2019
jueves, 21 de febrero de 2019
lunes, 18 de febrero de 2019
domingo, 17 de febrero de 2019
domingo, 10 de febrero de 2019
viernes, 8 de febrero de 2019
PROXECTO "O MUNDO DA ARTE": MARÍA ANTONIA DANS
María Antonia Dans Boado, nada en 1922 en Oza dos Ríos (A Coruña) e finada o 17 de febreiro de 1988 en Madrid, foi unha pintora galega.
Iniciou a súa formación na Escola de Artes e Oficios da súa cidade natal, a principios dos cincuenta trasládase a Madrid, onde viviu o resto da súa vida e asistiu ás clases do Círculo de Belas Artes e á Escola de San Fernando.
Comezou a expor en 1950 na Coruña; en Madrid fíxoo por primeira vez en 1953. Desde entón a súa obra percorreu toda España e numerosos países estranxeiros xa que a invitou o Goberno español a importantes mostras colectivas, especialmente a París, onde se lle concedeu a medalla da vila, e no museo de Arte Contemporánea obtivo esa máxima distinción.
Tamén acudiu ao premio da Fundación March, obtivo bolsas de viaxe dos Ministerios de Asuntos Exteriores e Educación Nacional, así como premios e medallas das Deputacións e Concellos de Córdoba, Badaxoz, Alacant etc.
A súa obra esténdese por numerosos paradores de turismo e máis edificios oficiais e públicos. Está representada no Museo de Arte Contemporánea de Madrid, en todos os de Galiza e nun bo número de provincias de España. A pintura de María Antonia Dans, ás veces cualificada de "naif" é, en realidade, un neoexpresionismo de raíz deliberadamente inxenuista, emparentable cos modos de bordado popular. As súas paisaxes son elementais, con algo de mosaico. As faenas do campo, o mundo do mar son temas habituais nas súas obras.
Casou co xornalista Celso Collazo Lema en Madrid en 1952. É nai da actriz Rosalía Dans.
https://photos.google.com/share/AF1QipNKncxs5TyZmnrkWmlH7hSejzTkY7hFdrQtGh6MdRMF7bsbKjDaWp6XXOALtdP2iw?key=Z1FiLVMtOEhyeXNXazdhSGxiNDJ0MHlPRzZ0ME13
martes, 5 de febrero de 2019
miércoles, 23 de enero de 2019
viernes, 11 de enero de 2019
miércoles, 9 de enero de 2019
martes, 8 de enero de 2019
lunes, 7 de enero de 2019
Suscribirse a:
Entradas (Atom)