domingo, 22 de marzo de 2015

DÍAS DA ÁRBORE E DA AUGA


Plantamos árbores no patio  xa que houbo que cortar algunhas de grande porte polo perigo que conlevaba telas tan preto do cole. Así fomos creando un paseo de camelios.


 

 Xunto cos compis de 1º fixemos de mestres explicando distintos experimentos que tiñan que ver coa auga e que xa estivéramos vendo na clase no Proxecto da Auga.Para elo acompañáronnos nenos e nenas das clases de infantil e 3º e 4º de primaria. Moitas grazas por escoitarnos tan atentamente.





DÍA MUNDIAL DA AUGA

SOMOS AUGA



sábado, 21 de marzo de 2015

O DÍA MÁIS INTERNACIONAL DO ANO

Poesía, bosques, síndrome de Down, non discriminación, comezo da Primavera.
Estes cinco días internacionais veñen precedidos pola festa do 20 de marzo que conmemora a necesidade da felicidade para o ser humano: o mundo precisa "un novo paradigma económico" que recoñeza "a paridade dos tres pilares do desenrolo sostible": o social, o económico e o medioambiental, porque, como sinalou o secretario xeral da ONU, Ban Ki-moon, "xuntos definen a nosa felicidade global".
(Cita collida da "Voz de la Escuela" 18 de marzo de 2015)

jueves, 12 de marzo de 2015

A AUGA COMO PROXECTO

Levamos xa tres semanas inmersos nun novo proxecto de aula compartido coa clase de 1º.
Investigamos, experimentamos e aprendemos moito sobre a AUGA. Comezamos traendo información das nosas casas e sobre iso metímonos de cheo na materia.



Dende a experiencia dos vasos comunicantes ao ciclo da auga visto nunha bolsa de plástico que temos na ventá da nosa clase, pasando por ver como flotan, afunden ou se mesturan diferentes obxectos,como funciona unha depuradora caseira, de como Óscar nos amosou cos pauciños o efecto da tensión e forza que exerce a auga.



Tamén o "submarino" que vimos na clase de 1º, da cantidade de auga que forma o noso corpo: foi así que fixemos a "Gotiño" como parella de "Gotiña" feita polos compis de 1º. Xa veredes que para repesentalo cubrimos o botellón con auga nas tres partes das 4 en que o dividimos. Aprendimos que estamos formados polo 75% deste elemento.



Este mércores fomos de visita á piscina municipal. Unha vez alí tivemos a sorte de que Rodrigo nos fora explicando o funcionamento da sala de máquinas dende controlan que auga da cubeta esté sempre en perfectas condicións de temperatura e limpeza para o seu uso. E que nós debemos facer un uso racional e correcto tanto da auga como das instalacións. Gustounos moito facer esta visita. Moitas grazas a Rodrigo e Angélica.