martes, 25 de febrero de 2014

DESPEDIDA DE HERMES

Hoxe foi o último día de clase para Hermes. Tivemos ocasión de que a súa nai, Eliana, nos acompañara e explicara cousas moi interesantes do seu país, Colombia. Moitas grazas por facernos partícipes dese anaco de intimidade da vosa cultura .
Tamén puidemos agasallar a Hermes cun libro formado por debuxos feitos polos seus compañeiros e compañeiras. Ímolo botar de menos. Dende aquí desexámoslle o mellor e que entre nós sempre terá un oco. Boa viaxe!!!!





Presentacion Colombia

More PowerPoint presentations from angeal

domingo, 23 de febrero de 2014

SEMPRE ROSALÍA !!!!!!

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA



jueves, 6 de febrero de 2014

NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPARA

Imos un pouco fartos deste tempo tan desapacible que nos está tocando pasar. É por iso que nen aos recreos fóra da aula podemos ir. Desta maneira hoxe decidín amosarvos algo do que facemos nese tempo de lecer que non podemos sair ao patio. Tamén nos serve para practicar xogos que habitualmente non coñecemos. Ata eu me extranei de que o xogo do parchís "de toda a vida" non fora un xogo moi coñecido entre os meus nenos e nenas.

MERENDANDO ANTES DE XOGAR






miércoles, 5 de febrero de 2014

O CONTO VIAXEIRO REMATADO

No mes de outubro andivemos argallando unha actividade titulada "O conto viaxeiro". Agora temos o resultado final neste vídeo.