Ao mesmo tempo argallamos adornos tanto para o corredor de primaria, consistente nunha arboriña que fixemos a medias coa clase de 4º e outros adornos para a aula sen esquecer a carta aos Reis Magos que xa foron enviadas a semana do festival.
Participamos con debuxos ben bonitiños para o concurso do calendario de AMA 2014. A proposta era facer composicións con froitas da nosa comarca. Á nosa clase tocounos debuxar peras e figos. Felicidades a todos e todas pero en especial a Andrea e Destaw que foron os elexidos, nesta ocasión, para formar parte deste calendario.
Teño que felicitar a estes nenos e nenas de 1º polo que traballaron , aprenderon e ensináronme neste 1º trimestre. Non me refiro só ao que ten que ver co concepto académico (que tamén) senón polo esforzo e as gañas que lle poñen a todo o que propoñemos dentro da aula.
E sobre a súa actuación o día do festival, cos nervios que tiñan, fixéronno xenial!. Otítulo "Un outono moi quente", e a mensaxe que nos deixa é unha proposta para todos nós: "Cando unha árbore morre, outra debes plantar, así os nosos bosques poderemos conservar".
BO NADAL E FELICES FESTAS PARA TODOS E TODAS!!!
DISFRUTADE DAS VACACIÓNS!!!