A NOSA BIBLIOTECA
Gústanos ir á biblioteca grande que está no pavillón de secundaria!. Hai tantos libros que non nos chega o tempo a nada. Disfrutamos de igual xeito se lemos individualmente como se compartimos lectura. A verdade é que esta espazo tan importante do cole quedou moi chulo dende que o equipo de Biblioteca a puxo tan colocadiña. Por iso nós deixamos todo como estaba antes de chegar. Temos que felicitar ás profes que fan que a biblio sexa un lugar tan agradable e acolledor!.
Imos amosar unhas fotos dalgún dos días que estivemos alí.
2 comentarios:
Canto me gusta ver a estes nenos e nenas na Biblioteca!
Espero que atopárades un libro que vos gustara moito!
Disfrutade coa lectura!
Moitos bicos.
Moitas grazas Angeles. Xa sabes o que nos gusta andar con libros na biblioteca!. Un bico
Publicar un comentario