jueves, 30 de mayo de 2013

VISITAMOS O CONCELLO

No día de hoxe tivemos ocasión de facer unha andaina cara ao noso Concello xunto cos compañeiros de 3º e a súa mestra Loli. Alí estaba o alcalde, Valentín González Formoso, para recibirnos e adicarnos un cachiño da mañá a estar connosco. Puidemos participar dun pleno ficticio no que os protagonistas eran nenas e nas de 3º e 4ºpero que lle puxeron moito ímpetu os que alí participaron; darlle entrada por rexistro a unhas preguntas que levabamos para o alcalde e tamén estivemos no local da policía Local. Todo o persoal que atopamos foi moi amable con nós. Dámoslle as grazas a todos eles. Hai que dicir que aprendimos moitas cousas e que viñemos moi ledos de ter feito esta actividade. O alcalde agasallounos cun pequeno detalle.MOITAS GRAZAS A TODOS!!



martes, 21 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS

O escritor homenaxeado este ano foi Roberto Vidal Bolaño. Con tal motivo levamos traballando o concepto do teatro dende hai uns meses. Desta forma xa traballamos a obra de "Asubío, Fina e Petra, xente moi lareta" por grupos en diferentes momentos do horario de clase.
Tamén participamos na edición deste ano do certame das Buliqueiras que promoven dende a Mesa pola Normalización Lingüística do noso pobo. Participamos con dous traballos feitos en grupo e quedaron unhas obriñas ben xeitosas.
Ao tempo estivemos ensaiando, xunto con 3º, un teatriño que quedou ben chulo. O título: "Coida a lingua". Foi esta obriña a que representamos no Festival das Letras Galegas que fixemos este martes 21 de maio. Para elo fomos todo o cole ata o cine Alovi e alí puidemos participar con esta representación e cun baile:"O parampampero" que tamén tivemos de compañeiros á clase de 3º eque ensaiamos coa profe Marita.
Disfrutamos moito tanto co que nós levábamos preparado como vendo e escoitando aos demáis compañeiros.