Este venres tocou ir de excursión de remate de curso ao 1º e 2º ciclos de primaria. Saímos ás 9 e media en dous buses cara a Arteixo. Alí visitamos as instalación da VOZ e tivemos como guía a Alvaro que durante algo máis dunha hora explicounos moitas cousas interesantes sobre a elaboración dun xornal e outras lerias.
Arredor da unha da tarde estabamos na estación do tren da Coruña onde xantamos e esperamos para coller o tren que nos levaría ata Betanzos. Unha vez alí andivemos un cachiño ata o Parque do Pasatempo que nos engaiolou coa súa fermosura. A pena foi ver o descoidado que estaba todo aquilo. Pero aínda así segue parecéndonos un lugar un tanto "máxico". Para rematar a xornada quixemos facelo no parque de xogos que hai ao pé do Pasatempo.
O bo tempo acompañounos a pesar de ameazar choiva pola mañá. Foi unha xornada ben divertida e acabamos algo cansadiños pero moi ledos coa experiencia vivida.
sábado, 9 de junio de 2012
martes, 5 de junio de 2012
DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
No día de hoxe fomos representando a todo o noso cole ata unha recepción no Concello. Fomos invitados por ter recibido o Premio provincial Voz Natura que recollimos este sábado día 2 na festa de Voz Natura. Apoveitamos para entregarle aoAlcalde un libro coa memoria de actividades que facemos na nosa Aula de Medio Ambiente e unha carta con inquedanzas sobre melloras sobre o medio ambiente na nosa vila. Nós tamén tivemos un agasallo que se nos deu ao remate do acto.
Gustounos moito esta experiencia. Tanto que de seguro repetiremos noutro momento.
MOITAS GRAZAS!!!.
Gustounos moito esta experiencia. Tanto que de seguro repetiremos noutro momento.
MOITAS GRAZAS!!!.
domingo, 3 de junio de 2012
PREMIO PROVINCIAL VOZ NATURA
Onte, sábado, estivemos na festa de Voz Natura no parque de Acea da Ma en Culleredo. Como todos estes anos fomos un bo grupo de pais, nais, nenos, nenas e mestras. A diferenza dos outros anos é que, aparte de pasar unha xornada de disfrute e de aprender moito sobre medio ambiente, había algo máis.
Recollíamos o premio provincial pola nosa Aula de Medio Ambiente.
Felicidades a tod@s.
E agora a seguir nesa dinámica de rigor e constancia, calificativos dados polo Comité Científico de Voz Natura ao noso traballo.
MOITAS GRAZAS!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)