viernes, 25 de noviembre de 2011

PANXOLIÑA

METIDO NUN OVO

Os tres Reises Magos

Van para Belén

Quitaron os zocos

Para correr ben

Lupe de Caveira

Failles o café,

Esperanza de Macario

Peneira de pé

(BIS)

Escoiten señores

O aguinaldo novo

Que naceu o neno

Metido nun ovo

Escoiten señores

O aguinaldo vello

Que naceu o neno

Metido nun cesto

Déano-lo aguinaldo

Anque sexa pouco,

Un bo bacallao

E a metade doutro.

De postre castañas

Boas e ben grandes,

Un molete enteiro

E un queixo de Flandes

(BIS)

Escoiten señores

O aguinaldo novo

Que naceu o neno

Metido nun ovo

Escoiten señores

O aguinaldo vello

Que naceu o neno

Metido nun cesto


miércoles, 23 de noviembre de 2011

DÍA MUNDIAL DOS BOSQUES AUTÓCTONOS

Hoxe conmemoramos a importancia que teñen os nosos bosques e como debemos coidalos. É fundamental que saibamos que sen natureza, sen árbores, sen ríos a nosa vida non sería a que é. Debémoslle moito e temos que pensar que o coidado e respeto ao medio ambiente é unha garantía para o presente, pero sobre todo para o futuro.
NON O ESQUEZAMOS!!!!!!!!!



Dende a A.M.A. e como data incluida no noso calendario medioambiental, invitamos a Antonio Teijeiro, que é garda forestal de toda a zona do Eume, a que viñera polo centro a falarnos da importancia dos bosques e de todos os seres vivos que alí habitan.
Fixemos dúas quendas entre as 10:10 horas e as 12:10 h. Nun primeiro grupo fomos o alumnado de infantil e primaria ata 4º e nun segundo grupo foron o alumnado de 5º e de 1º ciclo de secundaria.
O relator amosou fotos que gustaron moito e os nenos e nenas fixéronlle moitas preguntas que Antonio respostou encantado.
Outra actividade prevista foi a de visualizar unha montaxe que fixo José Antonio Soto con algunhas das fotos que trouxeron nenos e nenas e que facían referencia a árbores centenarias da contorna.
Moitas grazas a todos e todas!!!.

domingo, 20 de noviembre de 2011

DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DOS NENOS E NENAS

O 20 de novembro de 1959 aprobouse a Declaración dos Dereitos do Neno. E desde entón, en todo o mundo, celébrase nesta data o Día Universal do Neno.
Este é un pequeno resumo dos Dereitos universais dos nosos pequenos e pequenas:

1.- Dereito á igualdade, sen distinción de raza, relixión ou nacionalidade.
2.- Dereito a unha protección especial para que poidan medrar física, mental e socialmente sans e libres.
3.- Dereito a ter un nome e unha nacionalidade.
4.- Dereito a unha alimentación, vivenda e atención médica axeitadas.
5.- Dereito a educación e atencións especiais para os nenos física ou mentalmente diminuídos.
6.- Dereito a comprensión e amor por parte das familias e da sociedade.
7.- Dereito a unha educación gratuíta. Dereito a divertirse e xogar.
8.- Dereito a atención e axuda preferentes en caso de perigo.
9.- Dereito a ser protexido contra o abandono e a explotación no traballo.
10.- Dereito a recibir unha educación que fomente a solidariedade, a amizade e a xustiza entre todo o mundo.


viernes, 18 de noviembre de 2011

CORRENDO NA FRAGA

Hoxe fixemos unha actividade fóra do centro. Fomos ata a Fraga toda a primaria dos coles da localidade. Tratábase de correr por categorías e os nosos nenos e nenas fixéronno de marabilla. O máis importante é a participación e a deportividade que se respirou en todo momento. Logo destacar o primeiro posto para a compañeira Antía e o 2º posto para o compañeiro Eyob (estou falando do curso de 3º). Por suposto felicitar a todos e todas. Notamos en falta, por parte da organización, que non houbera nen unha auga para cada corredor.
Só queda felicitar aos nenos e nenas e ao profe Pedro polo ben que o fixeron.


martes, 15 de noviembre de 2011

SEMENTAMOS CASTAÑAS

Hoxe voltamos a plantar castañas deste outono coa pretensión de conseguir outros tantos castiñeiros. Coidarémolos ata que teñamos pequenas arboriñas.
Fixémolo no viveiro do noso cole onde unha xente dos obradoiros do concello están montando un estupendo invernadoiro que xa está tomando forma.


viernes, 4 de noviembre de 2011

MAGOSTO NO COLE

Este venres foi día completo de actividades extra. Aparte da vídeoconferencia da que falamos antes tamén tivemos a festa do magosto.
No recreo comemos castañas asadas e bebimos batidos e augas , grazas ao traballo dos membros da ANPA. Logo fomos ata o pavillón a disfrutar de distintos xogos populares, organizados esta vez polo mestre de E.F., Pedro.Os xogos eran: zancos, corda, pano, brilé, carreira de sacos e carreira de fogazas.
Sobra decir que o pasamos xenial, que participamos todos e que de remate cantamos unha cantiga da castaña que aprendimos na clase de música con Marita.
FOI UN VENRES REDONDO!!!


DEREITO DE GOZAR DA CIENCIA EN GALEGO

Este venres asistimos na biblioteca á video-conferencia que se emitiu para escolas de primaria dende o Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela. Fomos os cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria

A relatora foi a directora deste museo, Da. Mª Isabel Fraga Vila e versou sobre os bosques e a súa importancia para que recordemos que o 2011 é o Ano Internacional dos Bosques.

Homenaxéase a figura de dúas científicas, Madame Curie e a matemática galega Maria Wonenburger polo seu labor científico e como representante dun grupo de mulleres que contribuiron a cambiar o papel da muller na ciencia.

A data de hoxe é doblemente importante porque o galego tamén serve para falar de asuntos de ciencia.




MOITAS GRAZAS Á PROFESORA ISABEL FRAGA POLA SÚA CONFERENCIA!!!