miércoles, 6 de abril de 2011

CONVIVENCIA CO AUTISMO

Este mércores houbo unha xuntanza na biblioteca do noso centro, na que nos xuntamos o alumnado de infantil e 1º ciclo por un lado e nenos e nenas do centro de ASPANAES cos seus coidadores polo outro. Durante case dúas horas compartimos vivencias moi enriquecedoras. Vimos un par de vídeos nos que puidemos ver historias de nenos con autismo. Logo no pavillón organizouse un circuito de xogos onde participamos todos e todas. Ao remate houbo medallas para todos e o concello agasallou cunha camiseta. Dende logo hai que repetir a experiencia, xa que saímos todos moi contentos!!!!

No hay comentarios: