Como todos os anos, o sábado 23 de abril, adícase a conmemorar a festividade do libro. Ese día estabamos de vacacións, por iso este xoves tocounos a nós irlles a ler un libriño aos nenos e nenas de 3º da E.S.O. A actividade foi na biblioteca e o noso libro titulábase " Carlota, a marmota". Nós tamén escoitamos unha fermosa historia das bocas destes nenos.
Resultou moi interesante!!!!
jueves, 28 de abril de 2011
viernes, 8 de abril de 2011
ACTIVIDADES NO HORTO
Esta semana fomos dúas xornadas ata o viveiro e o horto. Quixemos ver como estaban os nabos e xa comprobamos que estaban todos floreados e a súa imaxe tan alta e amarela case impresionaba.
No viveiro recheamos con terra dous testos grandes e alí deixamos a semente de lentellas e dos pementos. Aproveitamos para facer unha pequena limpeza do entorno.
Outro día fomos a retirar a planta floreada dos nabos e comezamos a retirar o compost do composteiro, que xa está cheo para a boar o noso horto

miércoles, 6 de abril de 2011
CONVIVENCIA CO AUTISMO
Este mércores houbo unha xuntanza na biblioteca do noso centro, na que nos xuntamos o alumnado de infantil e 1º ciclo por un lado e nenos e nenas do centro de ASPANAES cos seus coidadores polo outro. Durante case dúas horas compartimos vivencias moi enriquecedoras. Vimos un par de vídeos nos que puidemos ver historias de nenos con autismo. Logo no pavillón organizouse un circuito de xogos onde participamos todos e todas. Ao remate houbo medallas para todos e o concello agasallou cunha camiseta. Dende logo hai que repetir a experiencia, xa que saímos todos moi contentos!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)