Quixemos iniciarnos no mundo da informática e por iso levamos dúas semanas adicándolle unha sesión do martes a visitar e argallar coas novas tecnoloxías. Imos ir pouco a pouco pero adentrándonos cada vez un pouquiño máis.
Comezamos por buscar direccións que temos moi preto como foron a páxina do noso centro e a do noso concello.
Tamén miramos como poñer comentarios nun blog, así como practicar con xogos didácticos que hai en varias páxinas.
Xa vos seguiremos contando!
Mirade nestas fotos que ensimismados estamos!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario