martes, 23 de noviembre de 2010

DÍA DOS BOSQUES AUTÓCTONOS

O Parque Natural das Fragas do Eume foi creado no ano 1.997, ten unha superficie de 9.125 Ha ., e abrangue os concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, As Pontes e Pontedeume.

As fragas do río Eume son un dos últimos reductos representativos do que foi o bosque autóctono que cubría Galicia. Destacan pola súa biodiversidade, atopándose nelas ata 23 especies distintas de árbores, 21 de fentos , 250 de liques e brións, 100 de fungos e 126 de animais vertebrados (en moitos casos especies protexidas pola súa rareza ou escasez).


1 comentario:

Bea dijo...

Ola Fina!!!
onte descubrín o teu blogue porque mo ensinou a tua irmá, e mira por onde vou sabe que ti tamén eres blogueira!!!
Agora seguirei os vosos pasos de preto...
O meu blog é de infantil, pero estariamos encantados de que nos visitedes de cando en vez para "cotillear" jejeje.
http://cousasdepeques.blogspot.com
Saúdos!!!!