Teño que dicir que este ano temos un pouco esquecido o que son as actividades que se levan a cabo no horto e viveiro do noso cole. Os motivos foron varios, un dos máis claros é o tempo tan adverso que pasamos este outono e inverno. Choveu moitísimo , nevou, fixo frío e vento. Pódese falar dun inverno dos de verdade. Tamén houbo obras no viveiro polo que quedou destrozado todo o traballo destes anos. De tal xeito quedamos sen horto de aromáticas e todo ese espazo quedou superdeteriorado. Ata esta semana non se puido amañar algo e aínda continúan os operarios do Concello rematando de poñer algo de orden no noso viveiro.Vai ser difícil que este curso podamos prantar algo alí . O que sí odemos facer é ir colocando os testos que vaiamos enchendo con plantas. ese traballo fixémolo esta semana pasada e plantamos acivros e loureiros. Tamén participaron os nenos e nenas de 1º e o conserxe que nos axudou. Tamén preparamos e limpamos o horto pequeno para sementar ou plantar algo a vindeira semana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario