domingo, 7 de junio de 2009

FESTA DE VOZ NATURA




O sábado 6 de xuño foi o remate do curso 08-09 de Voz Natura en Culleredo. Como xa facemos todos os anos o noso cole está implicado nese fermoso proxecto que supón o mesmo que tratamos na anterior nova. Isto é o cariño e o bo facer polo noso Medio Ambiente. Fomos un grupo de nen@s, pais e mestras a pasar o día no parque de Culleredo. Saímos un pouco enfadados polo mal tempo que facía xa que chovía e non pouco. Logo estivo unha boa tarde e desta maneira os máis pequenos disfrutaron de todas as diversións que había para eles.

3 comentarios:

Teachers dijo...

Pasámolo en grande na festa, vendo as distintas exposicións e facendo tantas actividades. Os nen@s pasarono xenial...O malo foi o tempo que non nos acompañou pero seguro que o ano que ben a cousa cambia.
Angeles (Inglés)

olga dijo...

Seguro que quedou fantástico e os/as nenos/as o pasaron moi ben!
Que pena que non fun desta vez!. . .
(O próximo ano, seguro :-D)

Ángeles. dijo...

Xa vexo na foto que quedou moi ben a exposición dos traballos.Despois de tantas prisas e sudores todo quedou moi lucido. Noraboa Fina.