O xoves 11 de xuño fixemos unha saída o alumnado de 1º e 2º de primaria cos profes: Digna, Pablo, Loli e Fina B.( grazas aos profes acompañantes: Digna e Pablo)
Saímos do cole ás dez menos cuarto e voltamos ás sete e cuarto. O día estivo perfecto, fixo calor e nada de vento. A verdade é que tivemos moita sorte xa que levaba toda a semana chovendo e xusto a noite anterior foi cambiando para mellor. MENOS MAL!!!!!.
Chegamos a Cariño e fixemos dúas tandas para poder ir no barco " Aula do mar" que nos levaría pola ría de Cariño ata os Tres Aguillóns, xusto abaixo do Cabo Ortegal. O guía josé Miguel explicounos cousas moi interesantes como: a antigüidade das rochas que fomos bordeando, as colonias de aves marinas migratorias que só existen nesta paisaxe como pode ser o alcatraz ou o cormorán e as rochas que albergan parte dos mellores percebes galegos. GRAZAS ás tres persoas que levaban o barco.
Xantamos no cuberto que hai á beira do parque, da praia e do peirao, e logo aproveitamos para disfrutar do parque unha hora.
Subimos ao autobús para ir ata Cedeira pola estrada que vai a San Andrés de Teixido e que pasa pola Garita de Herbeira, onde fixemos unha parada curta para ver os cantís máis pronunciados de Europa.A VISTA ERA DE POSTAL!!!!!!.
Un pouco antes das cinco estabamos na praia de Cedeira. Alí houbo tempo para xogar un bo anaco en contacto coa area, merendar á sombriña e tomar o ansiado xeado.
Chegamos a casa algo despois das sete. E coido que algún aínda tiña folgos para algo máis. Menuda vitalidade!!!!!!!. Gústame ver a cara de disfrute que tiñan tod@s.
FOI UN DÍA PARA NON ESQUECER. ESTA OPINIÓN, CLARO ESTÁ, É DE QUEN ESCRIBE ESTE TEXTO.
ESPERO QUE TODOS E TODAS VÓS OPINEDES O MESMO e que vos quedaran ganas de voltar.
A NOSA SAÍDA POLA RÍA
NO PARQUE DE CARIÑO
NA GARITA DE HERBEIRA E PRAIA DE CEDEIRA
2 comentarios:
Grazas Fina e demais profesores acompañantes por conseguir que os nosos fillos pasaran un día tan feliz e tan especial para eles. Antón, estaba realmente contento e feliz, gustoulle moito a experiencia do barco.Tamén agradecerche o moito que traballache durante todo o curso e por conseguir através de este bloc que os pais disfrutemos vendo as vosas experiencias.Grazas.
Foi un día difícil de esquencer, foi fabuloso e fascinante.Foi a mellor excursión co colexio.A viaxe en barco foi como un sono.A min gustoume moi porque é diferente ó resto das excursións .
AINDA QUEDA CERCEDA
Publicar un comentario