domingo, 7 de junio de 2009

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O día 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. Sobra dicir que o coidado e mantemento do noso Planeta non ten que basearse nun único día de celebración senón que son os 365 días do ano os que temos que estar coa teima de que hai que poñer os medios para que isto non se nos escape das mans.
O noso cole ten unha mascota (a tartaruga Amiña),e unha Aula de Medio Ambiente que programa e organiza moitas actividades relacionadas todas elas con este tema.
Este venres, e debido a que o tempo non valía para ir a plantar fóra, tivemos a Lurdes na nosa Biblioteca que veu a impartir un obradoiro de reciclado aos cursos de 1º e 2º de primaria.Tratamos de reciclar e reutilizar as follas do xornal facendo flores e un cestiño para gardar cousas. Estivo moi interesante. Moitas grazas a Lurdes polo seu facer e a súa paciencia.

1 comentario:

Laura R.P. dijo...

Gustoume moito traballar con Lourdes na biblioteca.Na miña mesa fixemos 22 churros. Facer o testo parecía moi difícil pero unha vez que ves como se fai é sinxelo.Fareinno na casa este verán