Este venres , 29 de maio, fixemos unha actividade que mereceu a pena. Cóntovos. Sobre as 10 e media subimos ao autobús que nos levou ata a parroquia do Freixo que está a vinte minutos do noso cole. Logo de baixarnos e coas nosas mochilas ao lombo ( nelas levabamos auga e algo de xantar)e a viseira posta pois facía moito sol puxémonos a facer unha camiñata dunha hora polo medio da natureza. Non íamos sos. O grupo compoñíase da clase nosa de 2º e as clases de 1º e 3º xuntos cos titores e o mestre de E.F., Pablo.Tamén veu con nós unha veciña do Freixo que se chama Mariña e chegou ata onde paramos a xantar a merenda.
Ides ver un pequeno resumo do descanso que fixemos. Deunos tempo a xantar e beber, xogar, coller apuntes do que vimos: vexetación e fauna, e ata ver como o papaventos voaba e logo remataba na copa do piñeiro. Pasámolo moi ben.
Como colofón a ese día fomos ao cumio do monte máis alto da provincia da Coruña que é o Monte Caxado ( ten 757 metros). Alí escoitamos unha pequena explicación da nosa profe Fina, observamos a vexetación e sacamos fotos á beiriña do radar de AENA.
Queda claro que un miradoiro en condicións alí enriba quedaría perfecto. A ver se o conseguimos.
Primeiro veredes estas fotos do Monte Caxado, logo dúas da camiñata e remata unha composición do descanso que fixemos.VERDADE QUE ESTÁN CHULIS???????
8 comentarios:
OLA a min gustoume moito o do monte caxado eo freixo encantoume moito de verdade estou aqui so iba a poñer un comentario e tamen encantoume como cantaba o señor que viño a falar.
EREA PL
adeussssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssss mua
OLA a min gustoume moito o do monte caxado eo freixo encantoume moito de verdade estou aqui so iba a poñer un comentario e tamen encantoume como cantaba o señor que viño a falar.
Paseino moi ben no Caxado,no camiño do Freixo e vendo dende alí As Pontes ¡Encantame a natureza!
Gustoume moito a camiñata dende o Freixo ao Monte Caxado.Pasámolo moi ben.Gustariame volver.
¡Foi moi divertido!
a min tamen gustoume quero volver.
vou a traer a copa da competicion
EREA PL
Foi moi divertido
Pasámolo en grande.Pablo tivo que subir a unha árbore para coller o papavento.Non sei como non se matou
Publicar un comentario