Como sabemos este ano adicamos o Día das Letras Galegas a Ramón Piñeiro. Del falamos algo na clase e seguiremos a completar un libriño sobre el nesta semana que comeza.
Este venres 15 foi o remate de todos os agobios e apuros destes días. Logo de algo máis dun mes de ensaios coa nosa obra de teatro "O sorriso de Claudia", este mércores e xoves baixamos a Dopeso a ensaiar no escenario, tamén participamos todos na confección dos dous decorados. No festival deste venres representamos esta obriña e a verdade é que quedei encantada co resultado xa que todos e todas o fixeron moi ben . FELICIDADES polo voso esforzo e por telo pasado tan ben e ter disfrutado desa actividade.
De volta ó cole e xa na entrega de premios polo concurso de reciclado de A.M.A. recibimos unha esfera do mundo por ser unha das clases máis participativas e aparte houbo catro nenos e nenas que levaron agasallo individual. NORABOA a todos!!!!.Para min son todos gañadores. Tamén houbo premio polo certame literario e artístico que levamos anos convocando no noso centro.
Logo pola tardiña fomos todos a recoller un premio a Casa Dopeso polo traballo das Boliqueiras sobre as palabras máis fermosas en galego que xa está posto na noticia anterior.Grazas a todos vós por asistir ó acto e poder subir o grupo completo a recoller o premio.
MENUDO DÍA!!!!!!!!!!.Pero mereceu a pena. Rematamos moi cansos pero moi ledos.
1 comentario:
Noraboa a todos porque "O sorriso de Claudia" gustoume moito.Todo o que traballachedes mereceu a pena.Sodes uns artistas...e non so no escenario.Noraboa polo premio.
Un biquiño para a clase e para a profe Fina.
Bye! Bye! Angeles (Inglés)
Publicar un comentario