miércoles, 18 de junio de 2008
A EXCURSIÓN CONTINÚA EN BETANZOS
Logo de xantar e repousar un pouco voltamos ó autobús para que nos levara ata Betanzos. Como era cedo para entrar no Museo de Arte Contemporáneo pasamos media hora na plaza da Igrexa . Alí mercamos xeados para todos e todas e bebimos auga dunha fonte . A verdade é que facía moita calor.
Cando foi hora entramos no Museo e Maria, a guía, amosounos todo e deunos unhas explicacións moi interesantes. O que máis chamou a atención foi ver que na planta de abaixo había como uns obradoiros nos que se vía ós artistas traballar nas súas obras que logo colgan, na planta de arriba ,moitas delas. Vimos como as nosas camisetas con debuxos son elaboradas a través dos seus debuxos. Gustounos moito.
Cando rematamos esta visita baixamos andando un cuarto de hora ata o Parque do Pasatempo para merendar e xogar nos tobogáns e nos bambáns. Foi difícil facerlles ver que xa era hora de voltar para As Pontes. Gustoulles moitísimo os xogos deste parque, sobre todo o tobogán de curvas.
Supoño que ían ben cansos pero aínda aguantaban un rato máis.
Agora veredes algunhas fotos destas actividades que vimos de explicar.
Tamén hai que agradecer a atención das mestras acompañantes que foron Digna, Benita e unha servidora.
DEICA O VINDEIRO CURSO¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario