sábado, 14 de junio de 2008
VISITA DE JOSE O FARMACEUTICO
Este xoves tivemos unha charla interesante na clase de 1º todo o alumnado de 1º ciclo. Veunos ver un farmacéutico do noso pobo que se chama Jose. Explicounos cousas como que os termómetros de mercurio estaban a desaparecer xa que este elemento é moi tóxico. Puidemos comprobar o que pesa un pouquiño dese mercurio. Tamén trouxo un aparatiño de cristal cun líquido malva dentro que coa calor da súa man subía polo tubiño facendo unha figura moi chula. Era para explicar como o mercurio pode subir por efecto da calor dentro do termómetro.
Tamén nos contou como hai moitos anos alguén descubriu os efectos curativos da cortiza do salgueiro e que de aí naceu a aspirina. Experimentamos como se mide a tensión e como hai dosificadores milimétricos que se utilizan nas farmacias para facer fórmulas maxistrais.
Aprendimos moito e aproveitamos para preguntar dúbidas que tíñamos e que logo Jose nos contestou moi amablemente.
Dámoslle as grazas de corazón e gostaríanos que voltara outro día para contarnos máis cousas da súa profesión que é ben bonita.
MOITAS GRAZAS JOSE¡¡¡¡¡¡¡¡
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario