domingo, 18 de mayo de 2008

LETRAS GALEGAS

Esta semana estivemos homenaxeando ás letras galegas que son as nosas. Cada ano adícase a un escritor coñecido en lingua galega e este ano o elexido foi Xosé Mª Alvárez Blázquez, escritor nado en Tui e do que falamos e traballamos durante esta semana nas aulas.

Unha das actividades importantes nestes días é o festival que se fai arredor deste tema . O venres fomos todo o alumnado de infantil e primaria xunto cos mestres e mestras a representar obriñas, bailes, cancións,...de todo un pouco¡.

A nosa obriña titulábase :"Como naceu a muiñeira ?" e quedou moi chachi. Tamén estivo moi bonito e entretido todo o traballo feito polo resto de compis. A nosa obriña foi conxunta cos veciños de 2º. Pasámolo moi ben tanto o propio día como nos ensaios.

No hay comentarios: