miércoles, 21 de mayo de 2008

O NACEMENTO DA MUIÑEIRA

Aí vai un vídeo que recolle a actuación da obriña de teatro que representamos o alumnado de 1º ciclo de primaria co motivo da celebración das Letras Galegas.

Chúzalle na letra verde.

http://video.google.com/googleplayer.swf?docid=8712654964186476060&hl=es


ESPERAMOS QUE VOS GUSTE

domingo, 18 de mayo de 2008

TEATRO EN DOPESO



">



"Este noso antigo idioma


é unha lingua de cultura


e é vergoña pra un galego


non falala con soltura





O galego que non fala


na lingua da súa terra,


nin sabe o que ten de seu,


nin é merecente dela"





Darío Xohán Cabana


"Historia do galego_Romance"





Poema para facer pensar.


Disfrutade cunhas fotiños da nosa obra.

LETRAS GALEGAS

Esta semana estivemos homenaxeando ás letras galegas que son as nosas. Cada ano adícase a un escritor coñecido en lingua galega e este ano o elexido foi Xosé Mª Alvárez Blázquez, escritor nado en Tui e do que falamos e traballamos durante esta semana nas aulas.

Unha das actividades importantes nestes días é o festival que se fai arredor deste tema . O venres fomos todo o alumnado de infantil e primaria xunto cos mestres e mestras a representar obriñas, bailes, cancións,...de todo un pouco¡.

A nosa obriña titulábase :"Como naceu a muiñeira ?" e quedou moi chachi. Tamén estivo moi bonito e entretido todo o traballo feito polo resto de compis. A nosa obriña foi conxunta cos veciños de 2º. Pasámolo moi ben tanto o propio día como nos ensaios.