domingo, 6 de abril de 2008

Recollida de rabanitos no noso horto





Este xoves último, aproveitando o día estupendo que facía, baixamos unha hora ó patio onde temos o horto para recoller os "rabanitos" e comelos alí mesmo logo de lavalos. Acompañámolos con manteiga e sal e houbo variedade de opinións según o gusto e sabor que tiñan.



Estivemos as clases de 1º e 2º de primaria e tamén aproveitamos para transplantar algunhas sementes que xa medraron o suficiente nos tetrabricks nas aulas.

Gustaran moito, pouco ou nada os rabanitos pasamos unha hora divertida e didáctica¡

2 comentarios:

Loli Prieto dijo...

A verdade é que collendo os rabanitos pasámolo ben, pero coméndoos non tanto.Merecen un aplauso estes nenos e nenas que se essforzaron en comer algo que non lles sabía nada.Un blog bonito.Bicos da túa compi Loli

Anónimo dijo...

Hola a tod@s! Gústanme moito as fotos do Bañal "en flor" porque aínda que non esté nese sitio parece que incluso podo percibir os aromas que emana esa vexetación nesta época do ano. Animo a todo o mundo que se achegue alí porque é realmente un lugar privilexiado. Por suposto que, á responsable de que este proxecto sexa o que é doulle a miña noraboa especial e ánimos para continuar con este traballo tan importante; sempre coa axuda de moitas mans voluntariosas fan que se siga respetando a natureza que tanto nos identifica na nosa Galiza.
Mil bicos para Fina e apertas para todos os que colaboran neste afán.