viernes, 17 de abril de 2020

PROXECTO INTERDISCIPLINAR

Moi bo día. Seguimos estando na casa pero non deixamos de facer moitas cousas e non nos imos aburrir. Aproveitaremos este tempo para facer o que nos gusta e ás veces o que gusta menos pero que sabemos que é bo para o noso corpo e a nosa mente...e para quenes nos queren.

Dende a aula virtual, o grupo de mestras de 6º , queremos plantexarvos unhas actividades que xa estades familiarizad@s con elas. Imos meternos nun proxecto divertido, dinámico, atractivo e cunha grande carga cultural e de aprendizaxe. Veredes que hai que tocar moitas materias curriculares que traballamos na clase. Ánimo!, imos ter uns resultados finais dignos dos nenos e nenas que sodes: investigadores, traballadores, ansios@s de coñecer e aprender.