lunes, 18 de febrero de 2019

viernes, 8 de febrero de 2019

PROXECTO "O MUNDO DA ARTE": MARÍA ANTONIA DANS




María Antonia Dans Boado, nada en 1922 en Oza dos Ríos (A Coruña) e finada o 17 de febreiro de 1988 en Madrid, foi unha pintora galega.

Iniciou a súa formación na Escola de Artes e Oficios da súa cidade natal, a principios dos cincuenta trasládase a Madrid, onde viviu o resto da súa vida e asistiu ás clases do Círculo de Belas Artes e á Escola de San Fernando.
Comezou a expor en 1950 na Coruña; en Madrid fíxoo por primeira vez en 1953. Desde entón a súa obra percorreu toda España e numerosos países estranxeiros xa que a invitou o Goberno español a importantes mostras colectivas, especialmente a París, onde se lle concedeu a medalla da vila, e no museo de Arte Contemporánea obtivo esa máxima distinción.
Tamén acudiu ao premio da Fundación March, obtivo bolsas de viaxe dos Ministerios de Asuntos Exteriores e Educación Nacional, así como premios e medallas das Deputacións e Concellos de Córdoba, Badaxoz, Alacant etc.
A súa obra esténdese por numerosos paradores de turismo e máis edificios oficiais e públicos. Está representada no Museo de Arte Contemporánea de Madrid, en todos os de Galiza e nun bo número de provincias de España. A pintura de María Antonia Dans, ás veces cualificada de "naif" é, en realidade, un neoexpresionismo de raíz deliberadamente inxenuista, emparentable cos modos de bordado popular. As súas paisaxes son elementais, con algo de mosaico. As faenas do campo, o mundo do mar son temas habituais nas súas obras.

Casou co xornalista Celso Collazo Lema en Madrid en 1952. É nai da actriz Rosalía Dans.

https://photos.google.com/share/AF1QipNKncxs5TyZmnrkWmlH7hSejzTkY7hFdrQtGh6MdRMF7bsbKjDaWp6XXOALtdP2iw?key=Z1FiLVMtOEhyeXNXazdhSGxiNDJ0MHlPRzZ0ME13



martes, 5 de febrero de 2019