Este xoves 23 de abril foi o Día do Libro e nós fixemos unha visita especial. Fomos, xunto cos compis de 1º, ata a biblio do pobo onde Anabel, a bibliotecaria, explicou e contounos cousas ben interesantes. Algúns xa coñecíamos como funcionaba o tema dos préstamos e como se podía ser socio. Pero logo de estar máis dunha hora con ela quedounos claro o interesante que resulta ser socio e visitar sempre que podamos esta instalación municipal.
Moitas grazas Anabel!!!
jueves, 23 de abril de 2015
miércoles, 22 de abril de 2015
PLANTAMOS NO DÍA DA TERRA
Foron varias actividades que fixemos coincidir co Día da Terra. No invernadoiro fomos plantar variedade de verduras: fabas, coles, leitugas,tomates, pementos e brécol. No horto do exterior sementamos as patacas. Tamén transplantamos varias arboriñas que había que cambiar de testo xa que o que tiñan se lles quedaba pequeno.
miércoles, 15 de abril de 2015
TRABALLOS DE RECICLADO
Participamos na edición deste ano, como sempre, do concurso de reciclado de AMA. Fixemos traballos ben chulos tanto individualmente como colectivos feitos na aula.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)