domingo, 27 de abril de 2014

CONCURSO DE RECICLADO

Neste mes estivemos traballando para participar xa na 15º convocatoria do concurso que convoca a Aula de Medio Ambiente do noso cole.E fixémolo dende a aula presentando dous traballos feitos con rolos de papel reutilizados e transformados á nosa maneira. Conseguimos facer un móbil e un organizador de escritorio.
Tamén participamos facendo traballos nas casas coa colaboración das familias.E a verdade é que houbo unha grande variedade de motivos reutlizando e reciclando moitas das cousas que ás veces van directamente ao lixo. Podemos ver como nos implicamos traballando todos e todas na clase e tamén o resultado final que presentamos ao concurso.

viernes, 25 de abril de 2014

PROXECTO : A FARMACIA NATURAL

Logo deste período de descanso puidemos comprobar que das 23 sementes que plantáramos a finais de marzo moitas delas xa agromaron. Sen embargo aínda temos unhas cantas que se resisten. Para a vindeira ocasión contarvos algo máis e tamén se recoñecemos algunha delas. Estamos ansiosos por saber máis desta plantación.



miércoles, 23 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO

Hoxe celébrase, como tódolos anos, o Día Internacional do libro. Na nosa clase estiven lendo estes días un libro que nos deixou engaiolados. Trátase de "Raúl" da escritora Helena Villar Janeiro. A reseña do libro según a autora é a que segue:
"Raúl era un neno moi bó. Todos o queren. Os pais e os avós pensan que é o mellor neno do mundo. Pero non se decatan de que Raúl ten un grave problema. Raúl non sabe dicir que non. Non sabe este neno, nacido en Compostela, dicir: "non" no momento adecuado, e pode poñer a calquera en serios apuros." 
Logo de lelo todo e escoitalo atentamente fixeron un traballiño sobre el que poñeremos noutro momento.
Tamén nos achegamos ata a biblioteca para escoitar uns relatos por parte de nenos e nenas dos cursos de 2º, 3º e 4º de primaria.


lunes, 21 de abril de 2014

FAGAMOS ALGO XA: 22 DE ABRIL, DÍA MUNDIAL DA TERRA

O Día da Terra (en inglés Earth Day) é o nome dunha celebración festiva que se corresponde con dous acontecementos: o Día Internacional da Terra, que se celebra o 20 ou 21 de marzo e o Día da Terra do 22 de abril iniciado nos Estados Unidos en 1970, e que continúa celebrándose aínda hoxe nese día. A festividade foi creada para lembrarnos a responsabilidade de coidar e protexer o planeta tras observárense os primeiros indicios alarmantes da degradación ó que os humanos o estabamos sometendo. A través da celebración preténdese aumentar a consciencia con relación ó medio e os problemas ambientais.

jueves, 3 de abril de 2014

VISITA A UNHA EXPOSICIÓN INTERESANTE

Esta semana achegámonos ata os corredores de Secundaria para ver unha exposición que tiña por título "Mulleres nas Artes e nas Ciencias".Unha das súas autores soubemos que é Rocío Chao que foi mestra no noso cole.
Aínda que alí había moita información que para nós non nos era moi familiar sí que vimos a alguén coñecida que era Rosalía de Castro xa que a súa foto a temos na nosa aula e xa falamos varias veces dela e da súa obra.
Aprendimos e disfrutamos con ela!!!

martes, 1 de abril de 2014

APRENDEMOS DIFERENTES SEMENTES E MERENDAMOS FROITA

Seguimos inmersos no proxecto das "Plantas". Estamos distinguindo distintas maneiras de poder conseguir unha nova plantiña: por esquexe, unha semente metida en terra, unha semente metida en auga... Igualmente vimos que as sementes poden ser de moi diferente forma, tamaño, cor...
Por iso aproveitamos a facer dúas experiencias este martes. Coñecer froitas diversas, verlle as súas sementes, comprobar o seu sabor, cor, olor e merendar de forma saudable e rica.