sábado, 31 de marzo de 2012
DEPORTE ESCOLAR NO PAVILLÓN DA FRAGA
Na última semana de marzo achegámonos ata o pavillón municipal todos nós xunto con nenos e neneas de 2º e 6º de primaria para participar nunha serie de xogos e deportes organizados dende a consellaría e a través da ANPA. Había nenos e nenas doutros centros e foi unha xornada divertida. De volta ao centro fixémolo andando xa que facía unha mañá soleada.
viernes, 30 de marzo de 2012
INVERNADOIRO
No mes de decembro remataron de facer o invernadoiro dentro do viveiro do centro. Foi grazas ao traballo da xente dos obradoiros de carpintería, albanilería e xardinería dependentes do Concello. A todos eles moitas grazas, en especial a Abel que se preocupou especialmente en que todo saira ben e colaborou en varias actividades levadas a cabo pola nosa AMA.
Podemos ver un seguemento de como estaba ao principio no mes de Setembro e como rematou en decembro.
viernes, 23 de marzo de 2012
EXPERIMENTOS NO DÍA DA AUGA
Unha actividade que realizamos para conmemorar este día foi realizar experimentos con este elemento: "a auga". primeiramente fixemos diversas experiencias na clase de inglés coa súa profe, Angeles.Logo foron recollidas en murais conxuntamente co resto de cursos de infantil e primaria. Grazas, Angeles!
Tamén nos achegamos ata o laboratorio de secundaria para observar diversas experiencias que nos tiñan preparadas os alumnos de 4º de ESO: Edgar, Claudia, Pilar e Pablo xunto coa súa mestra de bioloxía, Carmen. A todos eles, moitas grazas. Aprendimos moitas cousas e disfrutamos con esta actividade.

jueves, 22 de marzo de 2012
MOITO QUE CELEBRAR!!!!!
Con este vídeo vexo que pode estar representado todo o que nestes dous días queremos conmemorar.
Chegou a Primavera, celebramos o día da Árbore, tamén o día da Poesía, adicámolo ás persoas con síndrome de Down e, como remate, o día 22 é o día mundial da Auga.
Son moitas cousas para unha soa data.
Todas elas teñen en común a esperanza, a vida, o amor.
Escoitemos uns minutiños o que transmite Vivaldi nesta fermosa composición.
Vai por todos vós!!!

martes, 20 de marzo de 2012
VISITOUNOS IAGO
Hoxe foi o segundo día que veu Iago á nosa clase. Trátase do profe de lingua castelá de secundaria. Aceptou a nosa invitación para compartir un par de ratiños con nós contándonos cousas moi interesantes sobre os libros. Quedamos encantados co que nos contou e gustounos escoitalo recitar diferentes poemas, algúns deles escritos por el. Foi a nosa pequena homenaxe ao día da poesía que se conmemora o día 21. Tamén foi un complemento ao que estamos vendo sobre Alvaro Cunqueiro e Rosalía de Castro.
Moitas grazas, Iago!!. Podes voltar sempre que queiras.
Moitas grazas, Iago!!. Podes voltar sempre que queiras.
viernes, 9 de marzo de 2012
CONVIVENCIA E DEPORTE NA FRAGA
Este venres houbo unha actividade de deporte e lecer para todos os escolares do pobo. O sitio non podía ser outro: O parque da Fraga. Que fermosura de natureza!!"!
Do noso cole fomos todo o alumnado de primaria e gran parte do profesorado.
O día non puido estar mellor en canto á climatoloxía. Tratábase de facer carreiras por itinerarios programados. Fixéronse por grupos de idades. No noso caso corríamos xuntos nenos de 2º e 3º e nenas deses mesmos cursos. O máis importante foi a participación que houbo e a camaredería existente. Hai que felicitar a todos e todas polo ben que o fixeron e polo seu esforzo. Ademáis temos que dar a noraboa aos nosos compañeiros Antía e Eyob xa que na súa categoría foron os gañadores.
O dito: felicidades a todos e todas!!!.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)