Este venres rematouse de facer o puzzle da pomba da paz. Foi un traballo conxunto de todas as titorías de infantil e primaria. Nela quixemos reflexar dous aspectos moi importantes na educación. Trátase de utilizar na súa composición diverso material de refugallo, desa maneira facemos fincapé no concepto de reciclado-reutilización. Ao mesmo tempo obtivemos un resultado de unidade global na figura simbólica da "pomba de Picasso", tema do día de hoxe.O resultado final pódese ver no patio do centro e podemos decir que quedou ben chulo.Tamén cantamos unhas cancións en catro idiomas co tema da Paz como fundamento.
TRABALLEMOS A PAZ TODOS OS DÍAS DO ANO !!!!!!!!!!!!!!!!!!
Fixéronse obradoiros nalgunhas clases. A educadora era Marga que pertence a ADEGA. Tratábase de varios xogos cooperativos nos que a temática era a concienciación na correcta separación dos refugallos nos seus contedores correspondentes. Nós, xunto co alumnado de 1º, estivemos no pavillón facendo o xogo de "separar o lixo". A verdade é que aprendimos moito, logo de fallar algunha vez. Foi divertido e didáctico ao mesmo tempo.
Hoxe conmemórase, en todo o Planeta, o día da Educación Ambiental. A verdade é que sobre esto habería moito que decir, pero sobre todo "moito que facer".Coido que dende as escolas podemos aportar moitísimo e xa non só no día de hoxe. Fagamos palpable que no noso centro temos unha A.M.A.(Aula de Medio Ambiente) e demostremos que a concienciación medioambiental está presente en todo o que facemos. Está ben que existan días para lembrar o noso amor pola natureza limpa e libre pero estaría mellor que non houbera que conmemorar días soltos no ano para algo tan vital.
Esta mañá de venres, desafiando o vento e o frío, baixamos ata a Fraga. O motivo era facer unhas competicións de campo a través entre todos os escolares de primaria da nosa localidade.Fomos o alumnado dende 2º ata 6º de primaria dos coles Santa Mª, A Fraga e o Monte Caxado, xunto cos seus titores e Pablo, profe de E.F. Foi unha xornada na que, a parte da actividade deportiva que disfrutamos, destacou o frío intenso que facía. Noraboa a tod@s por participar e doble felicitación a aqueles que obtiveron medalla.
No día de onte visitamos o horto e o viveiro para ver como estaba todo, logo de tantos días sen ilo ver. Comprobamos que as nabizas xa medraran pero estaban moi xuntas. Decidimos recoller un bo montonciño e propúxenlles facer un caldo para o día seguinte. Quedamos en que traeríamos os ingredientes da casa ( non da tenda). Foi así como fixemos unha actividade que tiña que ver co proxecto que estamos a traballar na aula. Ten que ver cos distintos tipos de alimentos, así como recuperar costumes dos nosos devanceiros. E está claro que a receita do caldo galego cumple estas dúas premisas. A verdade é que foi unha fermosa e saborosa experiencia.
Hai que dar de novo as grazas aos pais/nais por seguir a colaborar con nós.