jueves, 26 de febrero de 2009

PIRATAS EN SON DE PAZ




ENTROIDO PIRATA NO COLE!!!!!!!








Todos e todas disfrutamos un montón facendo os disfraces de pirata na aula. Fixemos os gorros, cosemos os chaleques, pintamos e recortamos calaveiras, pegamos os catalexos, marcamos os parches coa calaveira. O propio día pintamos a cara, vestímonos e logo de estar abrigados fomos a dar un paseo polo pobo. Ö chegar ó cole xantamos orellas, freixós, batidos ou auga e fomos a bailar e desfilar ó pavillón.
PASÁMOLO MOI BEN!!!!!!!!!!!!!!!!

domingo, 1 de febrero de 2009

OBRADOIROS EN "SON DE PAZ"





O venres día 30 fixéronse unha serie de obradoiros ó longo da mañá nos que participamos case a totalidade do alumnado e profesorado. Estes obradoiros levaban os seguintes nomes: xogos cooperativos, vídeo, plástica, contacontos.

Pasámolo moi ben e disfrutamos de cada momento.

Ó remate da xornada xuntámonos toda a comunidade escolar no pavillón para escoitar e cantar unha serie de cancións co tema da PAZ.

30 DE XANEIRO, DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA





PAZ: UNHA PALABRA FERMOSA QUE NON PODE SER LEMBRADA SÓ UN DÍA, NEN UNHA SEMANA.

DEBE SER A PAUTA A SEGUIR EN TODO MOMENTO, PARA PEQUENOS E MAIORES, PARA A ESCOLA E A CASA, PARA MOMENTOS DE LEDICIA E DE MAIOR TRISTURA, PARA HOXE E PARA MAÑÁ.

NON PERMITAMOS QUE SE VEÑAN ABAIXO ESTAS SENSACIÓNS VIVIDAS EN TODAS AS ACTIVIDADES QUE SE FIXERON ESTA SEMANA NO NOSO COLEXIO.

RESULTA MARAVILLOSO TRABALLAR EN EQUIPO CON PROFES E ALUMN@S TENDO UNS RESULTADOS TAN FRUCTÍFEROS.
GRAZAS!!!!!!

COMEZO POR UNHA SERIE DE FOTOS QUE REFREXAN A ELABORACIÓN DUN MURAL PARA A PAZ E QUE SE FIXO Ó LONGO DESTA SEMANA.