jueves, 31 de diciembre de 2009

ACTIVIDADES NO NADAL

Antes de dar por rematado o ano 2009 quero que vexades algunhas fotos nas que saímos ben guapos e guapas.
Noraboa a tod@s por ter feito esa obriña titulada "O boneco de neve" e que quedou ben chula.



O boneco de neve from CPI Monte Caxado on Vimeo.

miércoles, 23 de diciembre de 2009

NADAL E VACACIÓNS

O día de onte foi a culminación de todas as actividades que viñemos facendo ao longo deste mes e medio. Na clase de 1º fixemos estreliñas para adornar o corredor, xunto coa clase de 2º, tamén coreamos distintos tipos de postais e elaboramos un "papá noel" reciclado cun CD inservible que facía de cariña. Con patróns feitos en cartolinas e cun pouco algodón quedounos un traballo ben chuli!!!!!!.
Cantamos panxoliñas e ensaiamos unha obriña de teatro titulada " O boneco de neve" cos nosos compis de 2º e a súa mestra Loli. A verdade é que nos quedou ben bonita cando a representamos no Festival que celebramos na Casa Dopeso.
Na seguinte entrada irán algunhas fotiñas do que aquí vos conto.

BO NADAL E FELICES VACACIÓNS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

viernes, 20 de noviembre de 2009

DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

Non vale que sexa un día do ano.TEÑEN QUE SER OS 365 DÍAS DE TODO O ANO.
FAGÁMOLO POR EL@S.
NECESÍTANNOS.



miércoles, 11 de noviembre de 2009

CELEBRAMOS O MAGOSTO

Esta mañá celebramos o Magosto no noso cole. Na clase falamos do tema e fixemos un cucurucho con papel reciclado que logo decoramos para poder gardar as castañas.
Sobre as once e media baixamos ao patio e, por orde, fomos collendo castañas e bebida (zume ou auga) que repartían pais e nais de moi boa gana ( dende aquí queremos agradecerlle que o fixeran).
Logo de disfrutar das saborosas castañas, no intervalo do recreo, puidemos completar a xornada con xogos populares organizados polo mestre de E.F., Carlos. Xogamos ao soga-tira, á rá, ás chapas, aos bolos, cos sacos...
Pasámolo moi ben!!!!!!!

viernes, 30 de octubre de 2009

DISFRUTAMOS DO OUTONO

ESTAS DÚAS SEMANAS ESTIVEMOS ADICADOS A VARIAS ACTIVIDADES RELACIONADAS COA ESTACIÓN DO OUTONO. EN PLÁSTICA TRABALLAMOS SOBRE O COGUMELO E PRESENTAMOS UN CENTRO PARA O CONCURSO QUE CONVOCA O CONCELLO CON OCASIÓN DA FEIRA DE FUNGOS E COGUMELOS QUE SE CELEBRA NA NOSA VILA O DÍA 1 DE NOVEMBRO DE TODOS OS ANOS.
TAMÉN VISITAMOS UNHA EXPOSICIÓN QUE HABÍA NO PAVILLÓN DE SECUNDARIA. TRATÁBASE DE UNHA SERIE DE COGUMELOS QUE FORON A RECOLLER OS ALUMNOS MAIORES AOS MONTES DA NOS VILA





POR ÚLTIMO, ESTE VENRES, FIXEMOS UNHA DEGUSTACIÓN DE PRODUCTOS DE OUTONO QUE TROUXEMOS ENTRE TODOS. NESA MESA HABÍA DENDE COGUMELOS E CABAZAS ( QUE NON PUIDEMOS DEGUSTAR) ATA CASTAÑAS, NOCES, MAZÁS, FIGOS, UVAS, MEL, PERAS, MANDARINAS.PROBAMOS DE CASI TODO E O QUE MAIOR ACEPTACIÓN TIVO CASE FOI A MEL QUE ESTABA BOIIIIIISIMA¡¡

VISITAMOS A BIBLIOTECA

Este xoves tivemos unha primeira toma de contacto cos nosa biblioteca logo da súa renovación. A sorpresa foi do máis grata xa que puiden ver a cara de felicidade que amosaron todos os peques. Primeiro pescudamos un pouquiño o que alí había e facían comentarios dos cambios. A verdade é que nos gustou como quedou.De contado atoparon o sitio que máis lles gustou e que non era outro que onde estaban os libros máis axeitados para eles. Sentamos un ratiño e folleamos algúns exemplares.
Xa quedou claro que a partires da semana, a lo menos un día, voltaremos unha horiña por alí.


jueves, 22 de octubre de 2009

SEMENTAMOS E PLANTAMOS

Nestas dúas semanas fixemos dúas actividades no horto do noso cole. A primeira foi sementar landras e camelias en testos pequenos que deixamos no viveiro e veremos cantos carballos e camelios nos van a brotar desas sementes.





A 2º actividade foi plantar verduras, xa con raíz, no cacho de horto que temos no patio de infantil. Alí abrimos dous regos na terra e fomos colocando as plantiñas, que por certo leva o nombre de "planta" e que, se medra con xeito, poderemos facer uns caldos boísimos. Veremos a ver que pasa¡¡

domingo, 13 de septiembre de 2009

BENVID@S A UN NOVO CURSO




De novo estamos aquí con moitos folgos para levar adiante un curso que comeza.
Quero dar a benvida máis agarimosa a: Adrián, Alicia, Xoel, Silvia, Mario, Alejandra, David, Antía, Elia, Javier, Tomás, Uxía, Carmen, Eyob e Eric. Todos comezan unha andadura novedosa logo de tres anos en infantil. Desexo de corazón que este curso nos traia moitas novedades positivas e que podamos, tanto vós coma eu, aprender e disfrutar día a día.
O venres fixemos unha pequena visita a distintos espazos do noso cole acompañados do curso de 2º e as profes Loli e Marita. Un deses sitios foi o noso horto. Alí sacamos unhas fotos.

lunes, 22 de junio de 2009

REMATA O CURSO

Hoxe deuse por rematado o curso 08-09. A ese grupo de 17 nenos e nenas de 2º de primaria,ao igual que ás súas familias,quero adicarlle esta entrada.Hai veces que os sentementos non son fáciles de transmitir pero estou segura que iso a min non me pasa (quen estaba hoxe na miña aula sabe do que falo).Hoxe foi un día diferente. É ben certo que se colle moito cariño cando levas dous anos cun grupo de xente tan estupenda. En todo este tempo pasaron moitas cousas que non vou a relatar agora. Pero sobre todo aprendimos e compartimos historias e momentos que eu non vou a esquecer e espero que todos vós tampouco. Seguide medrando felices e que eu poda participar dese precioso futuro que tedes por diante.
Moita sorte , pasade un verán único e un bico enorme da vosa profe e amiga Fina.
Poño unhas fotos de hoxe na aula nas que falta Antón que non estaba nese momento.
GRAZAS E FELIZ VERÁN a : Jose, Javi, Uxía, Nuria, Antón C., David, Lucía, Alex, Mateo, Sara, Roi, Antón P., Erea, Alexia, Laura, Raquel e Gabriel e ás súas familias.



AQUAPARK CERCEDA

O venres 19, a pesares de non facer un día espléndido, pasamos o día en Cerceda gran parte de todos os escolares de As Pontes nunha actividade patrocinada e organizada polo noso Concello. Do curso de 2º foron 11 nen@s acompañados de pais e mestres. Está claro que disfrutaron un montón e que non precisaron que lucira o sol.

sábado, 13 de junio de 2009

EXCURSIÓN A CARIÑO E CEDEIRA

O xoves 11 de xuño fixemos unha saída o alumnado de 1º e 2º de primaria cos profes: Digna, Pablo, Loli e Fina B.( grazas aos profes acompañantes: Digna e Pablo)
Saímos do cole ás dez menos cuarto e voltamos ás sete e cuarto. O día estivo perfecto, fixo calor e nada de vento. A verdade é que tivemos moita sorte xa que levaba toda a semana chovendo e xusto a noite anterior foi cambiando para mellor. MENOS MAL!!!!!.
Chegamos a Cariño e fixemos dúas tandas para poder ir no barco " Aula do mar" que nos levaría pola ría de Cariño ata os Tres Aguillóns, xusto abaixo do Cabo Ortegal. O guía josé Miguel explicounos cousas moi interesantes como: a antigüidade das rochas que fomos bordeando, as colonias de aves marinas migratorias que só existen nesta paisaxe como pode ser o alcatraz ou o cormorán e as rochas que albergan parte dos mellores percebes galegos. GRAZAS ás tres persoas que levaban o barco.
Xantamos no cuberto que hai á beira do parque, da praia e do peirao, e logo aproveitamos para disfrutar do parque unha hora.
Subimos ao autobús para ir ata Cedeira pola estrada que vai a San Andrés de Teixido e que pasa pola Garita de Herbeira, onde fixemos unha parada curta para ver os cantís máis pronunciados de Europa.A VISTA ERA DE POSTAL!!!!!!.
Un pouco antes das cinco estabamos na praia de Cedeira. Alí houbo tempo para xogar un bo anaco en contacto coa area, merendar á sombriña e tomar o ansiado xeado.
Chegamos a casa algo despois das sete. E coido que algún aínda tiña folgos para algo máis. Menuda vitalidade!!!!!!!. Gústame ver a cara de disfrute que tiñan tod@s.

FOI UN DÍA PARA NON ESQUECER. ESTA OPINIÓN, CLARO ESTÁ, É DE QUEN ESCRIBE ESTE TEXTO.
ESPERO QUE TODOS E TODAS VÓS OPINEDES O MESMO e que vos quedaran ganas de voltar.




A NOSA SAÍDA POLA RÍA



NO PARQUE DE CARIÑO



NA GARITA DE HERBEIRA E PRAIA DE CEDEIRA

domingo, 7 de junio de 2009

FESTA DE VOZ NATURA




O sábado 6 de xuño foi o remate do curso 08-09 de Voz Natura en Culleredo. Como xa facemos todos os anos o noso cole está implicado nese fermoso proxecto que supón o mesmo que tratamos na anterior nova. Isto é o cariño e o bo facer polo noso Medio Ambiente. Fomos un grupo de nen@s, pais e mestras a pasar o día no parque de Culleredo. Saímos un pouco enfadados polo mal tempo que facía xa que chovía e non pouco. Logo estivo unha boa tarde e desta maneira os máis pequenos disfrutaron de todas as diversións que había para eles.

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O día 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. Sobra dicir que o coidado e mantemento do noso Planeta non ten que basearse nun único día de celebración senón que son os 365 días do ano os que temos que estar coa teima de que hai que poñer os medios para que isto non se nos escape das mans.
O noso cole ten unha mascota (a tartaruga Amiña),e unha Aula de Medio Ambiente que programa e organiza moitas actividades relacionadas todas elas con este tema.
Este venres, e debido a que o tempo non valía para ir a plantar fóra, tivemos a Lurdes na nosa Biblioteca que veu a impartir un obradoiro de reciclado aos cursos de 1º e 2º de primaria.Tratamos de reciclar e reutilizar as follas do xornal facendo flores e un cestiño para gardar cousas. Estivo moi interesante. Moitas grazas a Lurdes polo seu facer e a súa paciencia.

domingo, 31 de mayo de 2009

ROTEIRO POLO FREIXO E AO CUMIO DO MONTE CAXADO

Este venres , 29 de maio, fixemos unha actividade que mereceu a pena. Cóntovos. Sobre as 10 e media subimos ao autobús que nos levou ata a parroquia do Freixo que está a vinte minutos do noso cole. Logo de baixarnos e coas nosas mochilas ao lombo ( nelas levabamos auga e algo de xantar)e a viseira posta pois facía moito sol puxémonos a facer unha camiñata dunha hora polo medio da natureza. Non íamos sos. O grupo compoñíase da clase nosa de 2º e as clases de 1º e 3º xuntos cos titores e o mestre de E.F., Pablo.Tamén veu con nós unha veciña do Freixo que se chama Mariña e chegou ata onde paramos a xantar a merenda.

Ides ver un pequeno resumo do descanso que fixemos. Deunos tempo a xantar e beber, xogar, coller apuntes do que vimos: vexetación e fauna, e ata ver como o papaventos voaba e logo remataba na copa do piñeiro. Pasámolo moi ben.

Como colofón a ese día fomos ao cumio do monte máis alto da provincia da Coruña que é o Monte Caxado ( ten 757 metros). Alí escoitamos unha pequena explicación da nosa profe Fina, observamos a vexetación e sacamos fotos á beiriña do radar de AENA.
Queda claro que un miradoiro en condicións alí enriba quedaría perfecto. A ver se o conseguimos.
Primeiro veredes estas fotos do Monte Caxado, logo dúas da camiñata e remata unha composición do descanso que fixemos.VERDADE QUE ESTÁN CHULIS???????