sábado, 26 de abril de 2008

MÁIS IMAXES DO BAÑAL



PLANTACIÓN NO BAÑAL






Onte, venres, subimos á área da natureza do Bañal os cursos de 1º ciclo de primaria acompañados das titoras Loli e Fina e dos profes Pablo e Digna.Fomos en autobús e estivemos pouco máis de dúas horas. O día estivo de verán total . Traballamos moito. Plantamos xestas de cores que seica se chaman Híbridas que quedaron la mar de bonitas logo de estar todas postiñas. Regámolas collendo auga do pozo onde tamén lavamos as mans. Houbo un rato para merendar baixo a sombra do piñeiro e tamén para facer algúns xogos. Foi un día moi completo que voltaremos a repetir sen dúbida.

NOVA PLANTACIÓN NO HORTO


O Xoves 24 fomos a plantar pementos e brócoli no noso pequeno horto. Facía un día moi bo. Tamén vimos o novo composteiro que nos trouxeron a semana pasada.Agora toca esperar a que nazcan os pementiños e as patacas que plantaron hai dúas semanas os nosos compañeiros de 2º e tamén que medre o brócoli. Xa vos iremos contando!!!

jueves, 24 de abril de 2008

MÁIS IMAXES DO DÍA DO LIBRO





DÍA DO LIBRO






O mércores 23 de abril celebrouse o día internacional do libro e na clase de 1º houbo actividades para conmemorar tal data. Comezamos a 1ª hora recibindo ós nenos e nenas de 2º que nos viñeron a contar o conto dos tres osiños. Fixéronno moi ben e aplaudímoslle moito. A 2ª hora baixamos á clase de infantil de 5 anos a contarlles o contiño do Mago e a folla. Estabamos algo nerviosos pero quedounos moi guai.Antes de baixar ó recreo fomos visitar a exposición de libros antigos que había no corredor do noso pavillón.Por último veu Nieves ,unha contacontos, á nosa biblioteca para contar catro contiños preciosos ós nenos e nenas de 1º ciclo.A Nieves querémoslle dar unhas grazas especiais pola súa atención con nós e por facernos pasar un ratiño tan agradable. Ah¡ e moitas grazas polos barquiños !!!

De seguido veredes algunhas fotiños destas actividades tan interesantes.

domingo, 13 de abril de 2008

SEMENTAMOS LEGUMES E PATACAS


Baixamos ó horto e ó viveiro para sementar patacas, que o fixeron os compañeiros de 2º, e tamén fabas de tres clases e garabanzos. Fixémolo en sementeiros que logo cando teñamos a plantiña poñerémolas nos regos do horto. Na aula as metemos entre algodón humedecido nun tarriño de cristal. A ver cales saen antes¡¡¡¡

domingo, 6 de abril de 2008

Primavera no BAÑAL

Aí van unhas vistas do noso parque natural propio a día de hoxe. As árbores plantadas en xaneiro polo alumnado de 3º e 4º de E.S.O. prenderon todas e xunto coas de outros anos están moitas xa con follas e algunhas con flores moi vistosas. Temos o caso das maceiras ou cameleiros e das cerdeiras ou prunus. E como non : ¡ o señor piñeiro presidindo e protexendo todo o entorno!.
¡Merece a pena que fagades unha visita!.








Recollida de rabanitos no noso horto





Este xoves último, aproveitando o día estupendo que facía, baixamos unha hora ó patio onde temos o horto para recoller os "rabanitos" e comelos alí mesmo logo de lavalos. Acompañámolos con manteiga e sal e houbo variedade de opinións según o gusto e sabor que tiñan.



Estivemos as clases de 1º e 2º de primaria e tamén aproveitamos para transplantar algunhas sementes que xa medraron o suficiente nos tetrabricks nas aulas.

Gustaran moito, pouco ou nada os rabanitos pasamos unha hora divertida e didáctica¡

Participación no 9º concurso de reciclado



Rematou o plazo de presentación de traballos para o concurso e antes de levalos para expoñer quixemos sacar unhas fotos coas nosas obriñas recicladas. A que son ben chulas?.