jueves, 26 de enero de 2012

DÍA DA EDUCACIÓN AMBIENTAL

Toda a xornada de hoxe, 26 de xaneiro, estivo adicada a actividades e obradoiros relacionados co MEDIO AMBIENTE.
Estiveron con nós dúas monitoras de ADEGA que desenrolaron o obradoiro "O ruído é contaminación: mapa do ruído". Este obradoiro o fixemos os cursos de 3º e 4º. Con el puidemos comprobar a cantidade de decibelios que podía haber en diferentes estancias do pavillón de primaria. A verdade é que aprendimos moito. Sobre todo o concepto de contaminación acústica. Noutros cursos tamén se traballou o tema das enerxías renovables.
Tamén a última hora estivemos participando do obradoiro de fabricación de xabrón a partir de reciclar aceite doméstico usado. Cos axuda e experiencia da profe Blanca puidemos ver todo o proceso que non é a primeira vez que o facemos. Foron varios cursos que pasaron pola aula de inglés onde se facía esta actividade.
Xa vos contaremos como remata este experimento!!!

2 comentarios:

Elia dijo...

Encantoume o día da educación ambiental. Sobre todo cando fixemos o obradoiro do ruido.¿Cántos deciberios estás fancedo?



ELIA.

Oliva dijo...

Gracias por invitarnos a participar da elaboración do xabrón, quedouvos xenial. Non nos olvidamos de levalo para casa, estou segura que aos nenos lle vai facer moita ilusión.

Bicos