jueves, 23 de marzo de 2017

MURAL DA PRIMAVERA

Esta semana estivemos a facer varias cousiñas en torno ás conmemoracións dos días da árbore, da poesía e da auga. 
As clases de 4º, 5º e 6º coreamos as pezas dun puzzle da primavera que colocamos no taboleiro de AMA. Quedounos ben chulo!



miércoles, 22 de marzo de 2017

martes, 21 de marzo de 2017

DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA

A Unesco proclamou en 1999 o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía e convidou a nacións, entidades e organizacións a que se fixeran eco dunha celebración que na Galiza ten, cando menos, 400 seguidores e seguidoras que continúan mantendo o xénero como o máis visitado na creación galega.
A Comisión da Cultura do Congreso dos Deputados decidiu adicar este ano esa data a Miguel Hernández.
No noso caso imos facer fincapé na poesía de Gloria Fuertes que neste ano cúmplese o centenario do seu nacemento. E como non, seguiremos a ler poesía dos nosos benqueridos amigos Helena Villar Janeiro e Suso Rábade Paredes.

lunes, 20 de marzo de 2017

COMEZA A PRIMAVERA. DÍAS DA ÁRBORE, DA POESÍA E DA AUGA- 21 E 22 DE MARZO

  • Día da Auga, proposto pola Conferencia da ONU para o Medio Ambiente e o Desenvolvemento en Rio de Janeiro, en 1992, e adoptado pola Asemblea Xeral, o 22 de decembro do mesmo ano, no que se recoñece a auga potable e o saneamento básico como un dereito esencial para o desfrute da vida e de todos os dereitos humanos.
  • Día da Árbore -tamén chamado Día Forestal Mundial-, recomendado polo Congreso Forestal celebrado en Roma en 1969 e aceptado pola FAO (Organización da ONU para a Agricultura e a Alimentación), en 1971, como recoñecemento aos múltiples servizos que prestan as árbores á vida e á actividade humana, ademais do simbolismo que representan nas diferentes culturas.
  • Día da Poesía, adoptado durante a 30ª Reunión da UNESCO, celebrada en París en 1999 e que se ven celebrando desde o 2000 en todo o mundo co obxectivo de contribuir á defensa de todas as linguas do mundo a través da expresión poética, denunciando, asimesmo, as privacións da liberdade de expresión.

lunes, 6 de marzo de 2017

ACTIVIDADES POLO DÍA DA MULLER

Como todos os anos, ven sendo habitual que se fagan obradoiros nas aulas con motivo de conmemorar o día da Muller que é o 8 de marzo. Así este luns achegáronse ata as aulas un par de monitoras que fixeron unha actividade sobre a muller na ciencia. Foi entretida e aproveitamos para saber algunha cousa que descoñecíamos.