lunes, 18 de mayo de 2015

LETRAS GALEGAS

Sabemos que este ano o escritor homenaxeado é X. Filgueira Valverde. Nestes días estivemos traballando sobre a figura deste autor galego pero o que máis fixemos foi ensaiar a obra que logo representamos  este luns no cine Alovi con motivo do festival que facemos todos os anos. Escollimos a obriña musicada "A voda do piollo e a pulga" que practicamos con Marita nas clases de música e tamén na nosa aula. A verdade é que quedamos moi contentos de como nos saiu. Tamén temos que agradecer a colaboración de nais e pais.