sábado, 23 de marzo de 2013

COA PRIMAVERA CHEGAN AS VACACIÓNS

NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPARA!!!!!
Boas vacacións e que teñamos todos e todas un descanso merecido!




viernes, 22 de marzo de 2013

NA BIBLIOTECA

Este venres puidemos asistir na biblioteca a unha actividade ben chula. Fomos parte dun público que vimos como os compañeiros e compañeiras de 3º de primaria representaban o conto da "Ratiña presumida" en inglés. Este conto se lle agasallou aos peques da gardería a semana pasada cando viñeron de visita ao centro. Nel tamén participamos todos nós coreando os debuxos que forman o libriño que levaron para a gardería.
A verdade é que están feitos uns artistas xa que o fixeron moi ben. Pasamos un ratiño entretido e moi agradable. E, por certo, gustounos moito ver á coelliña Angeles como os presentou e como nos agasallou con oviños de chocolate. Moitas grazas a todos!!



DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA

Os días 21 e 22 de marzo conmemóranse estas dúas datas medioambientais tan importantes para o ser humano. É moi importante que non sexa só un día máis senón que tomemos concienciación dunha vez por todas que todos estamos de paso por este planeta TERRA. Que temos unha misión que cumplir: tratalo como se merece para que o futuro da humanidade non sexa tan negro como estamos tendo o presente.
Hoxe tivemos a sorte de escoitar e ver o que nos contaron uns técnicos de AQUAGEST con referencia ao ciclo integral da auga. Falounos Natalia, que é química e responsable das plantas potabilizadoras, o camiño que segue a auga do pantano ata chegar ás nosas casas e logo ás depuradoras. Grazas a  Natalia e aos seus compañeiros así como ao concelleiro de Medio Rural que contactou con eles.


miércoles, 13 de marzo de 2013

CHARLA CONTRAINCENDIOS


Hoxe foi un día diferente. Neste inverno era o primeiro día de neve nas Pontes. Tamén era o día previsto para que unha brigada contra incendios da zona de Ferrol se achegara ata o noso cole para darnos unha charla informativa e fixeran unha demostración co camión motobomba coa súa correspondente mangueira.
A verdade é que a exposición na biblioteca dun conto e algún vídeo explicando as consecuencias de non coidar os nosos bosques estivo moi amena e completa. Grazas a Mónica, Antonio e a todos os que se achegaron ata o cole nesta mañá tan fría e desapacible para estar con nós amosando parte do seu importante traballo.



 

viernes, 8 de marzo de 2013

CELEBRAMOS O DÍA DA MULLER

Con motivo desta data houbo unha serie de actividades no centro esta semana propostas dende o Concello. Desta forma tivemos a dúas monitoras que fixeron uns obradoiros nas aulas de primaria nas que o tema versaba sobre o papel da muller na Música.