martes, 27 de abril de 2010

PLANTACIÓN NO HORTO

Con este bo tempo que nos está acompañando estes días decidimos baixar ata o noso horto para plantar variedade de productos.Neste caso foron berenxenas, pementos, sandías, cenouras, pepinos e amorodos. Temos que agradecer ao noso conserxe, José Antonio, a súa enorme axuda poñéndonos o horto en condicións para poder facer os regos ben dereitiños.
A verdade é que nos quedou ben chuli. Agora toca esperar que nos saia todo o que plantamos.
Temos que vixialo e regalo de vez en cando!!!!!!

viernes, 23 de abril de 2010

LECTURA NA BIBLIOTECA

Hoxe fixemos unha actividade diferente na biblioteca. Limos en voz alta o libro de "PÉTALA". Usamos o micrófono para que se nos escoitara ben e cada un de nós leu unha páxina.
Gustounos moito facer este tipo de lectura nun día tan sinalado como é "o día do libro".


DÍA DO LIBRO

Hoxe, 23 de abril, día de San Xurxo, celébrase o día internacional do LIBRO. Está claro que un día non é nada para acadar a importancia que ten este obxecto que parece tan simple.
Pero quizás sirva para facer fincapé na grandeza que pode ter a lectura.
Sirve para cando estás triste, para que te podas informar, para facer voar o teu maxín, para adentrarte en moitos misterios, para rir , para soñar, para amar, para compartir secretos ou inquedanzas, para adornar a túa vida con fermosas historias, para cantar, para recitar sentementos, para lembrar tantas cousas, para viaxar sen sair do asento, para sentir o ruído silencioso de cando les á beira dun río manso....
Canta compañía nos pode facer !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
NON DEIXEDES DE LER!!!!!!!!!!!
UN LIBRO É UN BO AMIGO!!!!!!!!!

jueves, 22 de abril de 2010

22 DE ABRIL DÍA MUNDIAL DA TERRA

Coñecemos as regras dos 3 "R" ?
R: reducir, reutilizar e reciclar

Reducir: Significa evitar mercar as cousas que logo se convertirán en lixo como residuos de envases, bolsas plásticas e embalaxes desbotables.

Reutilización: é tentar darlle un uso ao lixo antes de descartalo, por exemplo, forrar caixas, botellas ou latas e usalos para gardar cousas.

Reciclaxe: é a reutilización de materiais como papel ou vidro para a fabricación de novos produtos como cadernos, botellas, etc.

No noso centro facemos bastante fincapé nestas pautas a parte de que tentamos facer unha separación do lixo o máis correcta posible.
De tódolos xeitos queda moito camiño por andar pero coido que estamos en boa andaina.

COIDEMOS DO NOSO MEDIO!!!!!!!!!!
É UNHA OBRIGA DE TOD@S!!!!!!!!!!!!!



PLANTACIÓN NO BAÑAL

Seguindo na línea de facer coincidir no calendario as datas conmemorativas do Medio Ambiente e xa que hoxe celébrase o día mundial da Terra, os cursos de 3º e 4º de ESO xunto con seis mestres, subimos ata o Bañal a facer unha plantación na zona do Parque das Delicias e repoñer algunhas árbores que xa estaban plantadas con anterioridade. Desta maneira plantouse: 3 árbores do amor, 2 cornus, 1 loureiro romano, 1 nogueira, 1 castiñeiro, 1 carballo, 3 teixos, 1 mazaira e 20 xestas híbridas de cores. O día, en canto á climatoloxía, non puido estar millor. Coido que pasamos unha hora disfrutando dun traballo ben feito.
GRAZAS A TOD@S POR PARTICIPAR DESTA FERMOSA ACTIVIDADE NO NOSO QUERIDO BAÑAL!!!!!!!!!!!!!!!!


jueves, 8 de abril de 2010

TEATRO EN DOPESO "LUME"



Este xoves fomos ver unha obriña de teatro en Dopeso un grupo de alumn@s do noso cole xunto con alumnado doutro cole da vila. Fomos os tres niveis de infantil e o 1º ciclo de primaria. A obra titulábase LUME e o comentario común sobre ela é que estivo xenial. Tanto o tema como a posta en escea como as compoñentes do grupo estivo todo perfecto.
A temática era medioambiental xa que trataba dun incendio que se produce nun bosque e que todos os animaliños únense para atallar ese lume.
Resultou moi curioso a maneira de elaborar eses animaliños e o resto de decorados xa que eran artiluxios reciclados cos que facían verdadeiras imitacións.
Veu estupendo para facer fincapé no noso concurso de reciclado que estamos estes días ultimando os nosos traballiños para presentar no concurso da nosa AMA.

lunes, 5 de abril de 2010

XI CONCURSO DE RECICLADO

Como temos ampliado o prazo de entrega de traballos para este certame tan noso ( o último día será o luns 12 de abril) quero propoñervos unha páxina ben chula da que se poden sacar moitas e boas ideas.
Ben sei que un bo número de nenos e nenas xa tedes rematado o voso reciclado pero para algúns que son máis rezagados aí vai unha pequena axuda. E que mellor manualidade que unhas primaverais bolboreta e arboriño.
ESPERO QUE PARTICIPEDES TOD@S!!!!!!!!!!!!!!!
E QUE TODA A COMUNIDADE PODA DISFRUTAR CONTEMPLANDO AS VOSAS FERMOSAS OBRAS!!!!!!!!!
Dende AMA o meu agradecemento a todos, adultos e peques, por facer que este certame sexa un éxito cada ano que pasa.