jueves, 23 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO

Este xoves 23 de abril foi o Día do Libro e nós fixemos unha visita especial. Fomos, xunto cos compis de 1º, ata a biblio do pobo onde Anabel, a bibliotecaria, explicou e contounos cousas ben interesantes. Algúns xa coñecíamos como funcionaba o tema dos préstamos e como se podía ser socio. Pero logo de estar máis dunha hora con ela quedounos claro o interesante que resulta ser socio e visitar sempre que podamos esta instalación municipal.
Moitas grazas Anabel!!!