viernes, 1 de abril de 2016

VISITA DE HELENA E SUSO...DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Este venres tivemos unha visita no cole para non esquecer. Os nosos amigos Helena Villar Janeiro e Suso Rábade Paredes achegáronse ata a nosa vila e unha das paradas que fixeron pola mañá foi ata o noso centro. Aparte de recibilos como se merecen aproveitamos que, sendo este sábado o Día Internacional do libro infantil , departiran con nenos e nenas de varios cursos de primaria a última hora da mañá na nosa biblioteca. Falaron dalgún dos seus libros e de varias anécdotas da súa vida. Tamén aproveitamos para facerlles algunhas preguntas e para que os nenos e nenas de 3º recitaran de memoria un poema dos seu libro "As señoras cousas". Encantounos compartir con estes dous grandes escritores e mellores persoas uns momentos verdadeiramente máxicos. Voltade sempre que queirades....aquí tedes xente miúda e non tanto que vos quere de verdade.
Moitas grazas por estar...e biquiños grandes de todos e todas.