domingo, 31 de mayo de 2009

ROTEIRO POLO FREIXO E AO CUMIO DO MONTE CAXADO

Este venres , 29 de maio, fixemos unha actividade que mereceu a pena. Cóntovos. Sobre as 10 e media subimos ao autobús que nos levou ata a parroquia do Freixo que está a vinte minutos do noso cole. Logo de baixarnos e coas nosas mochilas ao lombo ( nelas levabamos auga e algo de xantar)e a viseira posta pois facía moito sol puxémonos a facer unha camiñata dunha hora polo medio da natureza. Non íamos sos. O grupo compoñíase da clase nosa de 2º e as clases de 1º e 3º xuntos cos titores e o mestre de E.F., Pablo.Tamén veu con nós unha veciña do Freixo que se chama Mariña e chegou ata onde paramos a xantar a merenda.

Ides ver un pequeno resumo do descanso que fixemos. Deunos tempo a xantar e beber, xogar, coller apuntes do que vimos: vexetación e fauna, e ata ver como o papaventos voaba e logo remataba na copa do piñeiro. Pasámolo moi ben.

Como colofón a ese día fomos ao cumio do monte máis alto da provincia da Coruña que é o Monte Caxado ( ten 757 metros). Alí escoitamos unha pequena explicación da nosa profe Fina, observamos a vexetación e sacamos fotos á beiriña do radar de AENA.
Queda claro que un miradoiro en condicións alí enriba quedaría perfecto. A ver se o conseguimos.
Primeiro veredes estas fotos do Monte Caxado, logo dúas da camiñata e remata unha composición do descanso que fixemos.VERDADE QUE ESTÁN CHULIS???????










domingo, 17 de mayo de 2009

LETRAS GALEGAS 2009

Como sabemos este ano adicamos o Día das Letras Galegas a Ramón Piñeiro. Del falamos algo na clase e seguiremos a completar un libriño sobre el nesta semana que comeza.
Este venres 15 foi o remate de todos os agobios e apuros destes días. Logo de algo máis dun mes de ensaios coa nosa obra de teatro "O sorriso de Claudia", este mércores e xoves baixamos a Dopeso a ensaiar no escenario, tamén participamos todos na confección dos dous decorados. No festival deste venres representamos esta obriña e a verdade é que quedei encantada co resultado xa que todos e todas o fixeron moi ben . FELICIDADES polo voso esforzo e por telo pasado tan ben e ter disfrutado desa actividade.
De volta ó cole e xa na entrega de premios polo concurso de reciclado de A.M.A. recibimos unha esfera do mundo por ser unha das clases máis participativas e aparte houbo catro nenos e nenas que levaron agasallo individual. NORABOA a todos!!!!.Para min son todos gañadores. Tamén houbo premio polo certame literario e artístico que levamos anos convocando no noso centro.
Logo pola tardiña fomos todos a recoller un premio a Casa Dopeso polo traballo das Boliqueiras sobre as palabras máis fermosas en galego que xa está posto na noticia anterior.Grazas a todos vós por asistir ó acto e poder subir o grupo completo a recoller o premio.
MENUDO DÍA!!!!!!!!!!.Pero mereceu a pena. Rematamos moi cansos pero moi ledos.

sábado, 16 de mayo de 2009

MAIO

Parece que anda este blog un pouco esquecido pero que quede claro que non é cousa de non ter temas para contar senón que o tempo non chega a todo o que queremos.
Hai varias novas que habería que resaltar:
-O 23 de abril celebrábase o Día Internacional do Libro.Aparte de facer varias lecturas puidemos ver un pequeno trozo da pelí de debuxos sobre D. Quijote. Trballamos unhas fichas que tiñan que ver cos persoeiros desa peli e logo decoramos o corredor,tanto nós como os compis de 1º, cos traballos resultantes. Quedou moi chuli!!!!!.
-O martes 12 de maio fomos ver unha obra de teatro que mezclaban títeres, música en directo e doble actuación por parte dos actores. Titulábase "Hansel e Gretel" pero parecíase só un pouco a historia que nos contan os libros.Fomos as tres clases de infantil e 1º e 2º de primaria.Levounos un autobús ata Culleredo.Foi moi divertida e pasámolo moi ben.
-Participamos no Certame das Boliqueiras que o convocan con motivo da semana das Letras Galegas. Tiñamos que facer un traballo sobre as palabras máis fermosas en galego. Cada neno e nena fixo unha ou dúas palabras co seu debuxo e a profe compuxo un bonito libro con todos os traballos individuais.E non quedou tn mal.
Tamén participamos no certame que convoca o noso cole todos os anos por estas datas.
Imos ver se podemos poñer os traballos das Boliqueiras.