Aí van unhas vistas do noso parque natural propio a día de hoxe. As árbores plantadas en xaneiro polo alumnado de 3º e 4º de E.S.O. prenderon todas e xunto coas de outros anos están moitas xa con follas e algunhas con flores moi vistosas. Temos o caso das maceiras ou cameleiros e das cerdeiras ou prunus. E como non : ¡ o señor piñeiro presidindo e protexendo todo o entorno!.¡Merece a pena que fagades unha visita!.




