martes, 24 de abril de 2012

VISÍTANNOS ALUMN@S E PROFES DE ASPANAES

No día de hoxe compartimos unha xornada fermosa con nenos e nenas do centro de ASPANAES no que tamén comparte os mércores, xoves e venres o noso compañeiro David. Os nenos e nenas de 3º xunto co profe Pedro estiveron preparando estes días pasados unhas actividades no pavillón a base de xogos creando uns circuitos deportivos con material de E.F. Participaron todos e axudaron a que saira todo como se esperaba. Logo foron ata a aula de música onde puidemos ver uns vídeos que nos traían preparados e que resultaron moi emotivos. Tamén puideron practicar con algún instrumento desa clase. Puideron ver a exposición de traballos de reciclado que hai na entrada do centro. Por último e logo de que xa se foran para o seu centro achegámonos ata a biblioteca nosa para ver e falar duns murais que nos trouxeron dende o centro deles e onde se pode ver a súa historia e o que fan ao longo da semana. MOITAS GRAZAS por visitarnos e contamos visitarvos nós a segunda semana de maio.