lunes, 22 de junio de 2009

REMATA O CURSO

Hoxe deuse por rematado o curso 08-09. A ese grupo de 17 nenos e nenas de 2º de primaria,ao igual que ás súas familias,quero adicarlle esta entrada.Hai veces que os sentementos non son fáciles de transmitir pero estou segura que iso a min non me pasa (quen estaba hoxe na miña aula sabe do que falo).Hoxe foi un día diferente. É ben certo que se colle moito cariño cando levas dous anos cun grupo de xente tan estupenda. En todo este tempo pasaron moitas cousas que non vou a relatar agora. Pero sobre todo aprendimos e compartimos historias e momentos que eu non vou a esquecer e espero que todos vós tampouco. Seguide medrando felices e que eu poda participar dese precioso futuro que tedes por diante.
Moita sorte , pasade un verán único e un bico enorme da vosa profe e amiga Fina.
Poño unhas fotos de hoxe na aula nas que falta Antón que non estaba nese momento.
GRAZAS E FELIZ VERÁN a : Jose, Javi, Uxía, Nuria, Antón C., David, Lucía, Alex, Mateo, Sara, Roi, Antón P., Erea, Alexia, Laura, Raquel e Gabriel e ás súas familias.



AQUAPARK CERCEDA

O venres 19, a pesares de non facer un día espléndido, pasamos o día en Cerceda gran parte de todos os escolares de As Pontes nunha actividade patrocinada e organizada polo noso Concello. Do curso de 2º foron 11 nen@s acompañados de pais e mestres. Está claro que disfrutaron un montón e que non precisaron que lucira o sol.

sábado, 13 de junio de 2009

EXCURSIÓN A CARIÑO E CEDEIRA

O xoves 11 de xuño fixemos unha saída o alumnado de 1º e 2º de primaria cos profes: Digna, Pablo, Loli e Fina B.( grazas aos profes acompañantes: Digna e Pablo)
Saímos do cole ás dez menos cuarto e voltamos ás sete e cuarto. O día estivo perfecto, fixo calor e nada de vento. A verdade é que tivemos moita sorte xa que levaba toda a semana chovendo e xusto a noite anterior foi cambiando para mellor. MENOS MAL!!!!!.
Chegamos a Cariño e fixemos dúas tandas para poder ir no barco " Aula do mar" que nos levaría pola ría de Cariño ata os Tres Aguillóns, xusto abaixo do Cabo Ortegal. O guía josé Miguel explicounos cousas moi interesantes como: a antigüidade das rochas que fomos bordeando, as colonias de aves marinas migratorias que só existen nesta paisaxe como pode ser o alcatraz ou o cormorán e as rochas que albergan parte dos mellores percebes galegos. GRAZAS ás tres persoas que levaban o barco.
Xantamos no cuberto que hai á beira do parque, da praia e do peirao, e logo aproveitamos para disfrutar do parque unha hora.
Subimos ao autobús para ir ata Cedeira pola estrada que vai a San Andrés de Teixido e que pasa pola Garita de Herbeira, onde fixemos unha parada curta para ver os cantís máis pronunciados de Europa.A VISTA ERA DE POSTAL!!!!!!.
Un pouco antes das cinco estabamos na praia de Cedeira. Alí houbo tempo para xogar un bo anaco en contacto coa area, merendar á sombriña e tomar o ansiado xeado.
Chegamos a casa algo despois das sete. E coido que algún aínda tiña folgos para algo máis. Menuda vitalidade!!!!!!!. Gústame ver a cara de disfrute que tiñan tod@s.

FOI UN DÍA PARA NON ESQUECER. ESTA OPINIÓN, CLARO ESTÁ, É DE QUEN ESCRIBE ESTE TEXTO.
ESPERO QUE TODOS E TODAS VÓS OPINEDES O MESMO e que vos quedaran ganas de voltar.




A NOSA SAÍDA POLA RÍA



NO PARQUE DE CARIÑO



NA GARITA DE HERBEIRA E PRAIA DE CEDEIRA

domingo, 7 de junio de 2009

FESTA DE VOZ NATURA




O sábado 6 de xuño foi o remate do curso 08-09 de Voz Natura en Culleredo. Como xa facemos todos os anos o noso cole está implicado nese fermoso proxecto que supón o mesmo que tratamos na anterior nova. Isto é o cariño e o bo facer polo noso Medio Ambiente. Fomos un grupo de nen@s, pais e mestras a pasar o día no parque de Culleredo. Saímos un pouco enfadados polo mal tempo que facía xa que chovía e non pouco. Logo estivo unha boa tarde e desta maneira os máis pequenos disfrutaron de todas as diversións que había para eles.

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O día 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. Sobra dicir que o coidado e mantemento do noso Planeta non ten que basearse nun único día de celebración senón que son os 365 días do ano os que temos que estar coa teima de que hai que poñer os medios para que isto non se nos escape das mans.
O noso cole ten unha mascota (a tartaruga Amiña),e unha Aula de Medio Ambiente que programa e organiza moitas actividades relacionadas todas elas con este tema.
Este venres, e debido a que o tempo non valía para ir a plantar fóra, tivemos a Lurdes na nosa Biblioteca que veu a impartir un obradoiro de reciclado aos cursos de 1º e 2º de primaria.Tratamos de reciclar e reutilizar as follas do xornal facendo flores e un cestiño para gardar cousas. Estivo moi interesante. Moitas grazas a Lurdes polo seu facer e a súa paciencia.