viernes, 14 de enero de 2011

PRODUCTOS DO NOSO HORTO

No día de onte visitamos o horto e o viveiro para ver como estaba todo, logo de tantos días sen ilo ver. Comprobamos que as nabizas xa medraran pero estaban moi xuntas. Decidimos recoller un bo montonciño e propúxenlles facer un caldo para o día seguinte. Quedamos en que traeríamos os ingredientes da casa ( non da tenda).
Foi así como fixemos unha actividade que tiña que ver co proxecto que estamos a traballar na aula. Ten que ver cos distintos tipos de alimentos, así como recuperar costumes dos nosos devanceiros.
E está claro que a receita do caldo galego cumple estas dúas premisas.
A verdade é que foi unha fermosa e saborosa experiencia.

Hai que dar de novo as grazas aos pais/nais por seguir a colaborar con nós.