viernes, 4 de marzo de 2011

DISFRAZÁMONOS E DIVERTÍMONOS!!!!!!!!!!!!

Este venres era o día de celebrar no cole o día grande de entroido. O alumnado de infantil e primaria vestímonos facendo referencia aos pobos do mundo. Desta maneira xuntáronse: indios, chinos, brasileiros e mexicanos.
O noso disfraz era de chiniños e chiniñas. Andivemos moi atarefados toda a semana. Pero xa veredes que logo de rematar gorros coa súa trenza, corear os abanos, rematar dragóns e faroliños e maquillarnos o resultado foi ben chuli. Temos que agradecer a axuda de Carmen, a mamá de Silvia, que nos botou unha man coa maquillaxe e vestindo os traxes.
Pasámolo ben comendo orellas, freixós e zumes e logo cantando e bailando no pavillón con todo o colexio.
Agora toca pasalo moi ben estes días de entroido que temos libres para disfrutalos a tope.

1 comentario:

Ángeles. dijo...

Estades guapísimos e guapísimas!!!
Sentín non poder estar ese día pero xa vexo polas fotos que fixestes uns disfraces moi bonitos. Biquiños.